_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
TRÁFICO
Os estacionamentos indebidos motivan o maior número de denuncias cursadas pola Policía Local no 2019

Estacionar en lugares indebidos segue a ser a infracción máis común detectada pola Policía Local en Vilagarcía e, consecuentemente, o motivo máis repetido nas denuncias incoadas polos axentes. A estatística anual correspondente ao ano 2019 desvela que das 6.210 denuncias formuladas, máis da metade, un total de 3.270, correspondéronse a esta causa.
11.01.2020.- A memoria policial desgrosa os distintos tipos de infracción por aparcar en lugares indebidos, sendo a máis usual a de facelo en zonas de carga e descarga (782), seguida das realizadas en paradas de autobús ou taxi (343), en zona dobre fila (332), encima de beirarrúas ou en pasos de peóns (298) e en zona amarela (177). Neste grupo descenderon lixeiramente respecto ao ano anterior os estacionamentos en beirarrúas e pasos de peóns e os de dobre fila –que soen reportar maior gravidade polos riscos que supoñen para peóns e circulación-, mentres que os demais sufriron un leve incremento. As infraccións que tamén se viron diminuídas en relación ao ano 2019 foron as de estacionamento en prazas para persoas con mobilidade reducida (135) e en zona peonil (205). Pola contra aumentaron as denuncias por estacionamento indebido en zona de mercado (236) e polo incumprimento da normativa en zona azul (662). É neste último punto no que se rexistrou a variación máis destacable, ao terse tramitado 191 denuncias máis que o ano anterior.

Primeiro ano dos controis estables de velocidade

A memoria deste ano reflicte un importante incremento das infraccións por exceso de velocidade, que pasan das 288 de 2018 ás 1.760 do resultado da posta en marcha da campaña estable de controis que se desenvolveu durante os 12 meses do ano. O inicio deste sistema, grazas á adquisición dun radar móbil para a Policía Local, elevou potencialmente o número de medicións realizadas respecto ao que se viña facendo con anterioridade, cando os controis se realizaban de xeito moi esporádico a través das campañas de colaboración coa DXT, que poderían tres ou catro veces ao ano.
Como xa se coñece, a realización dos controis avísase á poboación previamente, igual que as rúas nas que se van a efectuar, a efectos de que o coñecemento previo da medida manteña a alerta dos condutores sobre a necesidade de levar o pé do acelerador e estar máis atentos aos límites de velocidade que rexen en cada rúa. De feito, os resultados están a ser positivos, posto que a evolución dos datos, demostra que se van reducindo as porcentaxes de infracción respecto ao número de vehículos controlados, o que demostra que se van respectando máis os límites e consecuentemente, gañando en seguridade viaria nas ías urbanas.

Acolemias e drogas relacionadas coa condución

As denuncias por alcolemia cursadas en 2019 ascenderon a 69, 2 máis que o ano anterior, mentres que aparece un novo apartado correspondente ás denuncias por consumo de drogas relacionado coa condución, debido a que os test de drogas tamén se comezaron a aplicar en 2019. Neste primeiro ano denunciáronse por este motivo 18 casos.
A estatística policial disgrega tamén as infraccións denunciadas en base gravidade das mesmas. A maioría correspondéronse con infraccións tipificadas como leves no código de circulación (3.398), sendo un total de 2.694 as graves e limitándose a 163 as moi graves.

Denuncias remitidas á Tráfico

Das denuncias incoadas pola Policía Local, un total de 336 foron remitidas á xefatura provincial de Tráfico por tratarse de temas da súa competencia, 8 máis que no exercicio anterior. Dentro delas, 167 foron porque o vehículo non tiña pasado a ITV, 104 por carecer do seguro obrigatorio e as 64 restantes por outros motivos.
Finalmente, o número de condutores que sufriron a perda de puntos no carné de conducir en 2019 foi de 114, 95 menos que en 2018.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2020  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
     
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2020. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -