_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello asumirá a xestión directa do Mercado de Nadal nas vindeiras edicións

O Mercado de Nadal organizado polo Concello de Vilagarcía foi unha das actividades da programación navideña mellor valoradas pola cidadanía e polo comercio local. Dada a boa acollida que tivo, a Concellería de Promoción Económica non só manterá o evento de cara aos vindeiros anos, senón que, ademais, asumirá directamente a xestión do evento que este ano, por tratarse da primeira vez, se encargou a unha empresa. Tras a experiencia deste ano, corrixiranse os erros organizativos e de funcionamento cometidos este ano pola empresa, que se veu desbordada por un exceso de compromisos adquiridos tras pechar o acordo con Vilagarcía.
14.01.2020.- Dende o primeiro momento, a intención do Concello foi organizar directamente o Mercado de Nadal, por iso se adquiriron como investimento as 16 casetas de madeira que se instalaron na Praza da Independencia e que se destinarán ás seguintes edicións. Pero a falta de tempo para a primeira, fixo necesaria contar cunha empresa para captar expositores, encargarse da decoración e para organizar o día a día do evento.

A experiencia deste ano serviu a modo de proba e para mellorar o evento, o ano que ven introduciranse algúns cambios, como o adianto das datas de inicio do Mercado de Nadal, así como o sistema de oferta e aluguer dos postos e a selección dos produtos que se limitarán á temática do mercado. A intención destes cambios é mellorar o evento, polo que ademais de escoitar a opinión da cidadanía e do comercio local, moi positiva en ambos casos, tamén se pediu a dos comerciantes participantes no mercado. Neste sentido, é certo que algúns deles manifestaron queixas, especialmente en relación á diferenza de prezos fixados pola empresa polo aluguer dos postos, máis elevados para os que se inscribiron ao principio que os que o fixeron nos últimos días, que se ofertaron a prezos máis baixos para cubrir as vacantes existentes. Para salvar esta desigualdade, a Concellería de Promoción Económica demandou á empresa que compense aos primeiros cunha redución da taxa.

O que no comparte a concelleira son as queixas polos horarios de apertura, tendo en conta que a incerteza das primeiras xornadas veu dada por sucesos sobrevidos, como foi a alerta por temporal de chuvia e vento, e para previr situacións de risco tanto opara os participantes no mercado como para o público que se puidera achegar.

Dito isto, o Concello insiste en que o mercado de Nadal resultou ser un éxito como elemento dinamizador e como atractivo e ambientación de Nadal.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -