_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Metalmanía tributa á lendaria Metallica cun espectáculo deseñado para o público familiar

O Auditorio Municipal de Vilagarcía acolle o sábado, 8 de febreiro, “Metalmanía”, un tributo á mítica banda Metallica dirixido ao público familiar. O potente son do metal rock do grupo estadounidense interpretado en directo pola única banda tributo que eles teñen recoñecido en España, compartirá escenario con xogos e animación para que nenos e adultos gocen por igual da música de Metallica. As entradas xa están dispoñibles a través de http://www.ataquilla.com e no teléfono 902504500.
20.01.2020.- O concerto “Metalmanía Family Session” terá lugar o 8 de febreiro ás 17.30 horas. As entradas custan 12 euros na venta anticipada (máis custes de xestión) e o mesmo día do espectáculo estarán á venta na billeteira do Auditorio a 15 euros. Para facilitar a asistencia en familia, lánzase unha oferta de desconto que permite comprar 4 entradas pagando só 3.

Metalmania Family Sessions achega aos máis pequenos ao mundo do rock e devolve aos adultos a experiencia dos mellores directos. Unha experiencia única que adultos e cativos quererán repetir, como cada ano se confirma na xa clásica cita anual que as Family Sessions de Metalmania ofrecen na coñecida sala Zentral de Pamplona.

Trátase dun espectáculo adaptado a todas as idades de forma que nenos e adultos poidan gozar e vivir a alma e a música dun clásico do rock. Interacción total, atrezzo de escenario, efectos, vídeo proxeccións, dinámicas, unha presentadora -condutora do evento, instrumentos inchables, integración de xogos clásicos co mundo dos concertos puramente rock, e durante todo o show, a compañía e impulso de animadores que farán as delicias dos máis cativos (coa satisfacción que aporta tamén aos seus pais velos gozar así).

Unha banda con moita experiencia

Xurdidos en 2001, cando o concepto “tributo” apenas se coñecía no noso país, Metalmanía atesoura xa case 20 anos de experiencia sobre os escenarios cos seus máis de 600 concertos ao longo de toda a península, dende salas e recintos pechados a festivais tan importantes como o Viña-Rock, Extremusika, En Vivo, Festival do Oeste, etc… MetalmanÍa vai máis alá do “tributo”, é unha banda enfocada ao directo cun espectáculo de dúas horas de duración e unha gran posta en escena.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -