_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
DEPORTE
Vilagarcía aposta polo deporte feminino co I Torneo Féminas de Fútbol 8 amadriñado por Mai Paz Vilas

Vilagarcía segue apostando forte polos eventos deportivos e, en especial polo deporte feminino. Con este espírito desenvolverase no mes de xuño o I Torneo Féminas de Fútbol 8 organizado polo CD Bamio coa colaboración da Fundación Municipal de Deportes do Concello de Vilagarcía de Arousa. O torneo reunirá a uns 40 equipos de España e Portugal da categoría alevín e terá unha madriña de excepción, a xogadora vilagarciá Mari Paz Vilas, que xoga na Liga Iberdrola integrando as filas do Valencia.
20.01.2020.- O torneo presentouse hoxe no Concello de Vilagarcía coa presencia do concelleiro de Deportes, Miro Serén; do coordinador do CB Bamio, Sergio González; do director técnico do evento, Tino Buján; e de representantes das Deputación Provincial, da Xunta de Galicia e da Federación Galega de Fútbol.
Esta primeira edición do torneo desenvolveras do 26 ao 28 de xuño, datas elixidas para non interferir con outros eventos deportivos que se celebran no municipio, como o Cidade Vilagarcía.

A inscrición de equipos participantes aínda non está pechada, pero si se sabe que se contará con equipos da canteira do Valencia e que tamén poderán participar as bases do Atlético Arousana e do Umia. O Bamio, que non conta con equipo feminino nestas idades, carencia que tratará de compensar formando unha selección de diferentes equipos da zona. Aínda que o torneo está deseñado para a categoría alevín, permitirase a presenza de ata catro xogadoras xuvenís por equipo.

Dada a eleva presenza de equipos que se espera, por razóns de operatividade o torneo non se celebrará no campo municipal Mari Paz Vilas, de Bamio, senón que terá lugar no Manuel Jiménez e no campo das pistas de Atletismo situado ao seu carón, onde se poderán habilitar ata catro terreos de xogo para utilizar de forma simultánea.

O I Torneo Féminas de Fútbol 8 tamén terá unha vertente solidaria posto que colaborará coa Fundación Pablo Ugarte a través da iniciativa “Euros por goles”, centrada en recadar fondos para a loita contra o cancro infantil.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -