_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
OBRAS E SERVIZOS
O Concello saca a licitación a construción do Paseo Marítimo a Vilaxoán cun investimento de 831.604 euros

A construción do Paseo Marítimo a Vilaxoán, unha das obras máis esperadas polos vilagarciáns e especialmente polos veciños de Vilaxoán, vén de recibir un novo pulo co inicio do procedemento de licitación. Cun investimento de 831.604 euros (IVE incluído) o executivo de Alberto Varela materializará a ansiada rexeneración do tramo litoral comprendido entre a punta de Ferrazo e o remate da praia de Canelas, convertendo o percorrido nun atractivo e moderno paseo marítimo, con zonas de descanso e carril bici e que, ademais, permitirá a circulación rodada en dobre sentido, para o cal se retranqueará o muro da planta depuradora.
21.01.2020.- A actuación finánciase a través dunha partida de 529.600 euros procedentes do superávit de 2018 e con 302.004 euros dos fondos europeos da EDUSI correpondentes á liña de “Impulso e mellora de medioambiental de zonas urbanas” do programa “Vilagarcía Avanza”.

As empresas interesadas en acometer esta actuación dispoñen de prazo ata o 10 de febreiro para presentar as súas ofertas. O prazo de execución da obra será de 7 meses.

Como xa se comentara no seu día, o proxecto inicial modificouse para permitir que o tramo da Rúa Víctor Pita polo que discorre o paseo manteña os dous carrís de circulación. Para iso retranquearase todo o posible o muro da EDAR, o que permite gañar 1,3 metros de ancho.
Con estas dimensións da plataforma viaria, o proxecto prevé crear unha zona de paseo peonil pegada ao mar que terá un ancho de 4,45 metros fronte. En paralelo habilitarase un carril bici de 2,5 metros de ancho, quedando a zona de tráfico rodado con 6 metros de ancho que permitirá dispor de dous carrís de 3 metros cada un.

O material a utilizar na pavimentación do paseo e do carril bici terá como base o formigón que se tratará con diferentes acabados e texturas para rompera a monotonía e para garantir a completa accesibilidade tanto de persoas con mobilidade reducida como visual. Tamén se renovará o asfaltado dos carrís de circulación.

A zona de paseo dotarase de bancos de aceiro galvanizado de 3 metros de largo, que disporán de asento e respaldo de madeira de pino cuperizado e tratado para resistir á intemperie, e que contarán con iluminación led baixo a bancada. Tamén se intercalarán polo paseo 7 bancos individuais e se instalarán papeleiras e unha fonte de auga potable adaptada ao uso de persoas con mobilidade reducida.

A zona de esparexemento contará con varios elementos vexetais en xardineiras e parterres nos que se plantarán diferentes plantas ornamentais e aromáticas e tamén pequenas árbores de folla perenne que contribúan a aportar zonas de sombra. E o novo muro de peche que se levantará para delimitar a EDAR levará unha pantalla vexetal a base de plantas trepadoras. Todas as zonas verdes contarán con sistema de rego.

A actuación inclúe a instalación de iluminación que, na zona do paseo constará de columnas metálicas de aceiro ao carbono e enbellecedores exteriores de madeira, con 2 brazos opostos situados a 4 e 7 metros de altura, que permitirán iluminar con tecnoloxía led, tanto a zona do carril bici e do paseo peonil no primeiro caso, como a de circulación de vehículos, no segundo. As luminarias actuais da estrada, substituiranse por outras de estética acorde coas do paseo e tamén serán de tenoloxía led.

Renovación das escaleiras da praia e mellora de servizos
O proxecto inclúe a renovación das escaleiras de acceso á praia de Canelas, mellorarase a rede de recollida de augas pluviais e renovaranse 40 metros de canalización da red de abastecemento de auga potable.

O paseo cumpre con todos os requisitos da lei de accesibilidade.

Coa execución desta obra, o goberno que preside Alberto Varela persegue varios obxectivos. O primeiro é dar continuidade ao paseo marítimo e ao carril bici que actualmente remata na punta de Ferrazo, así como recuperar e poñer en valor unha zona privilexiada do litoral municipal. O segundo, mellorar o acceso e entrada a Vilaxoán por beiramar, facilitando que o camiño se poida facer a pé ou en bici a través dun trazado atractivo e seguro. E o terceiro, servir como elemento dinamizador e atractivo turístico para as parroquias de Sobradelo e Sobrán.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Sept 2020  
L
M
X
J
V
S
D
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
       
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2020. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -