EDUCACIÓN
Seis ANPAS de Vilagarcía recibiron axuda municipal en 2019 para o desenvolvemento do Plan Madruga O Concello de Vilagarcía segue apostando por facilitar a conciliación das familias. Unha das medidas postas en marcha dende a administración local para acadar este fin son as axudas municipais ao Plan Madruga, a través das cales a Concellería de Educación colaborou o pasado ano con seis Asociacións de Nais e Pais doutros tantos centros educativos de educación primaria, aportando unha suma total de 4.620 euros.
23.01.2020.- Debido aos requirimentos orzamentarios das administracións públicas, a liña de axudas ao Plan Madruga convócase por ano natural, non por curso escolar, de aí que as subvencións se repartan en dúas quendas correspondentes a cursos distintos: A primeira queda correspóndese coa última parte dun curso, comprende o período de xaneiro a xuño, e a segunda refírese á primeira parte do seguinte curso académico, e vai de setembro a decembro.
Na primeira quenda do ano 2010, o Concello subvencionou os Plans Madruga prestados por seis ANPAS, entre as que repartiu 2.940 euros. Foron as asociacións de nais e pais Arealonga, Vagalume, Doutor Fléming, A Lomba e A Escardia, cada unha das cales recibiu 503 euros; máis a ANPA do Piñeiriño, que contou cunha axuda de 425 euros.
Na segunda quenda, a correspondente ao primeiro trimestre o actual curso lectivo, so solicitaron axuda cinco das asociacións anteriores –coa excepción da Escardia-, recibindo cada unha delas 340 euros, cantidade inferior debido a que o período de prestación do servizo tamén é so de tres meses. Nas vindeiras semanas, e unha vez aprobados os presupostos municipais de 2020, convocaranse a nova liña de axudas correspondentes ao ano en curso.