_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
AVISOS
Péchase un tramo da rúa Ameixeiras, en Sobradelo, pola aparición dun burato no medio da calzada

O tráfico rodado na Rúa Ameixeiras, en Sobradelo, permanecerá pechado durante uns días debido á aparición dun burato no medio da calzada, no tramo máis próximo á avenida de Cambados. O oco permanece precintado cun perímetro de seguridade e os accesos á este tramo da rúa cortados para previr riscos ata que o servizo municipal de obras efectúe a reparación pertinente. Segundo a inspección realizada este mediodía polo enxeñeiro municipal, o burato abriuse debido ao baleirado provocado por unha corrente de auga procedente do tubo que canaliza un regato baixo a vía.
23.01.2020.- O burato detectado a primeira hora desta mañá ten unha boca de medio metro de diámetro por un metro de fondo aproximadamente, pero tras a inspección realizada, detectouse que o baleirado de terra é bastante máis amplo baixo a superficie do asfalto, pudendo acadar os 2 metros de diámetro. A efectos preventivos, optouse por establecer un perímetro de seguridade e cortar a vía nese tramo.

A previsión é que os operarios de obras podan comezar o luns a traballar na reparación da canalización e posterior recheo e pavimentación da vía, traballos que se supeditan a aparición de chuvia.

O tramo de estrada non se reabrirá ao tráfico ata que a obra estea completada. Isto non impedirá acceder ás distintas zonas da periferia, perfectamente garantido a través das rúas alternativas. Para advertir aos condutores da situación, a Policía Local colocou sinais de aviso de “rúa pechada a 200 metros” no cruce da Rúa Ameixeiras coa Avenida de Cambados e tamén, polo acceso de Vilaxoán, no cruce da Rúa Avelina Nogueira con Beiramar, a través da que se accede ao tramo da Rúa Ameixeiras que segue en servizo.

A Policía tamén dou aviso ao instituto Cotarelo Valledor dos desvíos a realizar polo transporte escolar ata que se recupera a normalidade.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -