_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
EDUCACIÓN
Douscentos cincuenta alumnos de infantil reciben as axudas á escolarización concedidas polo Concello para este curso

Un total de 250 nenos e nenas de Vilagarcía matriculados en centros de Educación Infantil no presente curso escolar recibiron as Axudas Municipais á Escolarización que concede o Concello de Vilagarcía. Na última Xunta de Goberno Local do ano deuse conta da resolución das dúas quendas nas que se convocaron as axudas destinadas a aliviar o gasto que afrontan as familias ao inicio do curso e a favorecer a conciliación, e ás que o Concello destinou un total de 15.000 euros a través dos orzamentos das concellerías de Educación e Servizos Sociais.
24.01.2020.- A axuda que recibe cada alumnos ascende a 60 euros para a compra do material escolar que piden os centros ao inicio do curso. Aínda que a escolarización non é obrigatoria na etapa Infantil, o goberno socialista considera que esta é unha medida imprescindible para un mellor desenvolvemento do neno tanto a nivel educativo como social e persoal, ademais de ser unha medida necesaria en moitos casos para a conciliación laboral. De aí que fomente a escolarización nesta etapa ofrecendo estas axudas que se conceden tendo en conta o nivel de ingresos da unidade familiar, a computar segundo a declaración da Renda relativa ao último exercicio. As axudas están destinadas ás unidades familiares de convivencia residentes e empadroadas no Concello de Vilagarcía de Arousa con menores matriculados nas etapas 1ª e 2ª de Educación Infantil (de 0 a 6 anos), nos centros de ensino sostidos con fondos públicos e nas Escolas Infantís autorizadas de Vilagarcía de Arousa.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -