_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
Nacho Vegas, Baiuca e Marem Ladson protagonizarán o cartel da quinta edición do “Achégate ao Salón”

A concelleira de Cultura, Sonia Outón, presentou este mediodía o cartel da quinta edición do programa musical “Achégate ao Salón” que este ano caracterízase pola diversidade de estilos dos artistas participantes: O pop folk da cantautora hispano-estadounidense con raíces en Ourense, Marem Ladson abrirá o ciclo de concertos matutinos o 16 de febreiro; á que collerá o relevo Nacho Vegas o 22 de marzo co seu ton máis comprometido e social, para poñer o toque final con Baiuca e a súa mestura da música tradicional galega cos rimos máis electrónicos, o 26 de abril. Como sempre, os concertos serán a mediodía e no Salón García. A hora de inicio, ás 12:30.
29.01.2020.- Os abonos para asistir aos tres concertos da quinta edición do “Achégate ao Salón” poranse á venta o venres, 31 de xaneiro e ata o 6 de febreiro, ao prezo de 25 euros. De non terse esgotadas antes, o 7 de febreiro sairían á venta as entradas individuais que para adultos terán un prezo de 12 euros, mentres que os menores de 16 anos pagarán só 5 euros. As entradas para as persoas desempregadas serán de balde, previa acreditación da súa condición. Os billetes pódense adquirir anticipadamente a través da plataforma ataquilla.com e a través do teléfono 902504500. A venta anticipada conleva custes de xestións. De quedar entradas, tamén se poderán comprar o mesmo día dos concertos, a partir das 10.30 horas no Salón García.

Programa de dinamización cultural e económica

“Achégate ao Salón” é un programa ideado como elemento dinamizador para achegar distintos estilos de música a persoas de todas as idades e ao público familiar. Ademais de ampliar a oferta musical da cidade, o programa de concertos matutinos pretende ser un atractivo que active o sector hostaleiro os domingos pola mañá, unha vez rematadas as actuacións.

MAREM LADSON

Marem Ladson nacida en Ourense, brilla cun único single, “All My Storms” (Mont Ventoux, 2017), que a pon en primeira plana e, tras dar os seus primeiros pasos no Café & Pop Torgal ourensán, salta a escenarios como os do Monkey Week, Vida ou Dcode Fest, onde en 2017 gañou o concurso de bandas emerxentes con tan só 19 anos. Tamén actuou como teloneira de Dirty Ray (Immaculate Fools), Laura Gibson e Alondra Bentley.

NACHO VEGAS

Nacho Vegas é a día de hoxe un dos artistas máis consolidados e respectados do noso país. Subido aos escenarios desde os anos noventa con grupos como Manta Ray. Comeza a súa carreira en solitario en 2001 e en 2010 introdúcese na aventura da autoedición dando vida a Marxophone, coa que en 2011 naceron A Zona Sucia, Cómo Facer Crac ou Cancións Populistas. Foi entón cando a música do artista foi tomando un novo rumbo e inclinándose cara á canción social e política, con temas convertidos xa en himnos desta época.
En 2018 , Nacho Vegas editou Violética, un disco dobre que contén 18 temas e conta con diversas colaboracións entre as que destacan as do Coru antifascista Ao Altu Lévaa, Cristina Martínez (El Columpio Asesino), Christina Rosenvinge ou María Rodés.

BAIUCA

Novo proxecto capitaneado por Alejandro Guillán (quen anteriormente dirixiu proxectos como Alex Casanova ou The Friendows), onde consegue combinar o máis avanzado e vangardista da música electrónica coas raíces máis salvaxes e puras da súa Galicia natal. Un diálogo entre a Galicia de antonte e a de pasadomañá, cunha música que utiliza samples de instrumentación tradicional (cunchas, frautas, gaitas, pandeiretas, ocarinas…), pasándoas polo filtro dunhas bases que se moven entre o techno, o global bass ou as cavilacións da música house desde unha perspectiva tan exploradora e xeosónica como accesible para a pista de baile.


4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -