_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O alcalde agradece a colaboración e o afán construtivo dos veciños afectados polas obras de Vázquez Leis

O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, agradece en nome de todo o goberno local a colaboración e o afán construtivo dos veciños da Rúa Vázquez Leis cos que mantivo unha xuntanza onte pola noite no centro socio cultural de Vilaxoán. O rexedor acudiu a reunión para explicarlles as xestión que está a levar a cabo o Concello para salvar as dificultades legais creadas pola situación que atravesa a empresa adxudicataria, Nexia, e comprometeuse a continuar buscando a solución máis rápida e eficaz que permita rematar canto antes a parte da obra que queda pendente.
13.02.2020.- Os veciños xa estaban a corrente a través da concelleira de urbanismo, que semanalmente acudía a visitar a obra, dos problemas de Nexia, con impagos a traballadores e provedores, o que se traducía na redución paulatina dos operarios a pé de obra dende o pasado verán ata a súa total ausencia e paralización dos traballos, incumprindo claramente os prazos de execución e os termos do propio contrato. E tamén coñecían a decisión adoptada polo Concello de rescindir o contrato con Nexia para tratar de que outra empresa se encargase de rematar o que falta da obra.

Varela Paz explicoulles as dificultades legais que existen ante este tipo de situacións e que limitan o marxe de manobra das administracións afectadas, que son moitas en toda a provincia de Pontevedra. Sobre todo despois de que a adxudicataria alegase contra a decisión municipal, alegacións que están sendo analizadas moi minuciosamente polos servizos técnicos e xurídicos do Concello por si o asunto chegase a rematar no xulgado. Esta opción non é a desexada polo goberno, dado que demoraría aínda máis o remate da obra, polo que, paralelamente tratarase de negociar un acordo cos novos responsables da empresa, cos que, polo momento, foi imposible contactar.
Os veciños, que seguen valorando de forma moi positiva o proxecto de humanización da Rúa Vázquez Leis promovido polo Concello, entenderon perfectamente a complicada situación e, unicamente pediron ao goberno que traten de axilizalo o máximo posible, e mentres non poida retomarse a obra, que se acondicione e asegure a zona.

Visita do coordinador de seguridade

Neste punto a concelleira de Urbanismo; Paola María, indicou que o Coordinador de Seguridade e Saúde da obra fará unha inspección para determinar os puntos que é preciso acotar, os medios para asegurar as valas e para acondicionar da forma accesible os accesos ás vivendas. Tamén se habilitará un paso seguro para peóns no cruce de Vázquez Leis coa Avenida de Cambados para evitar que, como acontece ata o de agora, a xente teña que invadir a calzada para atravesar a rúa.

A maiores, o alcalde anunciou que os titulares de vados permanentes en Vázquez Leis serán exentos do pago da cota anual correspondente ao ano 2020 debido á imposibilidade de facer uso dese servizo como consecuencia das obras.

O rexedor agradeceu a paciencia demostrada polos veciños que, “ao igual que este goberno, queren que a obra remate canto antes para poder gozar dunha rúa moderna, atractiva e accesible, que contribúa a revalorizar a zona e a dinamizar a actividade social e económica de Vilaxoán, obxectivo que persigue o executivo local con todas as actuacións e obras realizadas nos últimos anos e coas que están proxectadas”.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -