_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
EMPREGO
O Concello repite a especialidade de atención socio sanitaria e suma a de mobiliario urbano no proxecto do FORME 2020

O Concello de Vilagarcía aprobou esta semana en Xunta de Goberno o novo proxecto de obradoiro de emprego dual FORME 2020. O proxecto elaborado pola Área de Promoción Económica e Emprego que dirixe Alba Briones volve a decantarse por un módulo de atención socio sanitaria, especialidade que se está impartindo actualmente no obradoiro de 2019, dado que se trata dun nicho de emprego que rexistra unha demanda moi elevada de profesionais titulados co certificado de profesionalidade que outorga esta formación. O segundo módulo recollido no proxecto é o de elaboración e mantemento de mobiliario urbano, unha actividade sempre demandada nos concellos.
13.02.2020.- O proxecto xa se remitiu á Xunta de Galicia que deberá aprobalo e confirmar a colaboración económica. Este novo obradoiro dual de emprego está pensado para 20 alumnos, 10 para cada unha das modalidades, que recibirán unha formación teórico-práctica de 9 meses, recibindo o salario previsto na orde que regula este tipo de obradoiros, e que terán a posibilidade de realizar prácticas remuneradas en empresas da zona por outros 3 meses.
Para poder desenvolver o FORME 2020 solicítase unha subvención de 326.9544 euros aos que o Concello terá que aportar 20.001 euros máis.

No caso de que o Concello achegue compromisos de contratación en empresas, a Consellería de Economía, Emprego e Industria subvencionará un importe fixo de 1.500 euros por cada persoa traballadora, correspondente ao contrato mínimo de 3 meses a xornada completa.

Os obradoiros duais de emprego, como o FORME, son programas mixtos de emprego e formación que teñen por finalidade mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas de dezaoito ou máis anos de idade, mediante a realización de obras ou prestación de servizos de interese xeral e social que posibiliten aos alumnos e alumnas participantes a realización dun traballo efectivo que, xunto coa formación profesional para o emprego recibida, relacionada directamente con dito traballo, procure a súa cualificación profesional e favoreza á súa posterior inserción laboral no mercado de traballo. De feito, os alumnos que superen o obradoiro recibirán os correspondentes certificados de profesionalidade que se esixen na actualidade para optar a este tipo de traballos.

En concreto, o módulo de “Atención socio sanitaria e axuda e domicilio” está enfocado ás distintas patoloxías a usuarios de servizos sociais e xestión de chamadas de tele asistencia a usuarias/os da Concellería de Muller e Seguridade Cidadá, e os alumnos obterán ao remate da formación os certificados de profesionalidade de NIVEL 2 para as ocupacións con códigos SSCS0108 e SSCG0111.

O módulo de “Elaboración e mantemento de mobiliario” está orientado á revalorización dos espazos públicos naturais e urbanos en instalacións e edificios de titularidade municipal e os seus alumnos obterán o certificado de profesionalidade de nivel 1.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -