_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
O concerto de Nacho Vegas do 22 de marzo trasládase ao Auditorio debido á convocatoria de eleccións

A convocatoria das eleccións autonómicas para o vindeiro 5 de abril e o procedemento legal que deben seguir os concellos en canto á disposición de locais para a celebración dos actos dos partidos durante a campaña obriga a trasladar de escenario o segundo dos concertos do programa “Achégate ao Salón” que se celebran no Salón García. Dado que esta sala está habilitada como local electoral, o concerto de Nacho Vegas previsto para o 22 de marzo celebrarase finalmente no Auditorio Municipal.
14.02.2020.- O cambio non afectará ás persoas que xa teñan adquiridas as súas localidades ou abonos posto que Ataquilla estableceu un sinxelo procedemento para reasignalos á configuración da nova sala respectando a numeración e facéndoa corresponder coa situación no emprazamento inicial. A partir de hoxe, Ataquilla comezará a comunicar aos compradores vía mail ou por teléfono o cambio e a remitirlles a entrada coa nova numeración.

Dado o maior aforo do que dispón o Auditorio, segue aberta a venta polo sistema habitual do resto das localidades dispoñibles, é dicir a través da plataforma http://www.ataquilla.com e do teléfono 902504500.

Mantéñense os prezos establecidos para os concertos do programa ”Achégate ao Salón”: adultos, 12 euros; menores de 16 anos, 5 euros; e desempregados de balde acreditando a condición de parados. A venta anticipada conleva os correspondentes custes de xestións. De non esgotarse antes, tamén se porán á venta o mesmo día do concerto na billeteira do Auditorio a partir das 10.30 horas.

Por outro lado, lémbrase que este domingo, 16 de febreiro ábrese o ciclo de concertos matutinos coa actuación de Marem Ladson no Salón García a partir das 12.30 horas.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -