_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
O Concello planifica a execución do Plan de Asfaltado de Camiños Municipais no que investirá 244.000 euros

O Concello de Vilagarcía executará nos vindeiros meses o Plan de Asfaltado de Camiños Municipais no que se investirán 244.087 euros en actuacións de mellora de camiños das parroquias do rural e da periferia. O plan levarase cabo en dúas fases e beneficiará a camiños das zonas de Rubiáns, Solobeira, Trabanca Sardiñeira, Trabanca Badiña, Castroagudín, Bamio, A Laxe, Faxilde, Aralde, Cornazo e á travesía Pablo Picasso. Os proxectos licitaranse nas vindeiras semanas coa intención de que se adxudiquen e as obras poidan comezar ao longo da primavera, cando as chuvias comecen a remitir e permitan realizar este tipo de traballos.
15.02.2020.- Todos os camiños nos que se vai a actuar precisan dunha intervención debido ao desgaste da actual capa de rodadura, a afundimentos ou á presenza de fendas ou fochas. Os traballos aproveitaranse para ensanchar os camiños naquelas zonas onde se levaron a cabo retranqueos para axustar á vía ás aliñacións previstas no PXOM, mellorando así as condicións da calzada e aumentando a seguridade viaria.

Os traballos a realizar consistirán no varrido inicial da superficie dos camiños, a mellora da capa de rodadura mediante asfaltado e a elevación das tapas de rexistro existentes. Cada unha das fases do plan de asfaltado e mellora de camiños ten un prazo de execución de 2 meses.

A primeira fase do plan inclúe actuacións en Rubiáns (Rúa Hospital do Salnés e Rúa Rubiáns de Abaixo), Solobeira (Rúa da Escola e Rúa do Sixto), Trabanca Sardiñeira (Travesía Nosa Señora dos Anxos, Travesía Loureiro e Rúa Xiabre), Castroagudín (Travesía Rúa Congostra), A Torre (Avenida Berdón) e a travesía Pablo Picasso. O montante destas obras ascende a 99.469,44 euros.

Na segunda fase e cun orzamento de 144.618,30 euros actuarase sobre camiños de Rubiáns (Rúa do Charco-Loenzo), Bamio (Travesía Nogueirido), A Laxe (Rúa Monte Xaquín, Quinteiro e Marmelo), Faxilde (Rúa do Xogo), Aralde Rúa de Aralde e Camiño Prata), e en Cornazo (Rúa Baixada a Pasos, Rúa A Pedra, Camiño da Balada, Rúa Veiga e Camiño dos Borrizos).

Ámbalas dúas fases do Plan de Asfaltados de Camiños Municipais fináncianse con cargo ao Plan Concellos da Deputación 2019, nun caso coas rebaixas en adxudicacións de obras e noutro polo cambio de finalidade dun investimento.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -