_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
MULLER
Igualdade convoca o XII Maratón Fotográfico do 8M, que abre o luns o prazo de inscrición

O Centro de información á Muller de Vilagarcía (CIM) vén de convocar a unha nova edición do Maratón Fotográfico que se celebra anualmente no marco dos actos conmemorativos do 8M, día da Muller co obxecto de continuar coa labor de concienciación e sensibilización no eido da igualdade, neste caso, enfocada ao mundo laboral. O departamento dependente da Área de Igualdade do Concello abre o luns, 17 de febreiro o prazo de inscrición neste evento destinado exclusivamente a fotógrafos afeccionados. O 4 de marzo será o último día no que se recollerán solicitudes, e o Maratón celebrarase durante a xornada do sábado 7 de marzo. Concédense tres premios dotados cada un con 200 euros.
15.02.2020.- As inscricións deben realizarse cubrindo a folla específica que se pode obter nas dependencias da concellería ou imprimir do taboleiro de anuncios do portal http://www.vilagarcia.gal ou de sede.vilagarcia.gal, onde tamén figuran as bases do certame. O formulario pode presentarse presencialmente no CIM ou mandar por correo electrónico ao enderezo muller@vilagarcia.gal .

A través desta iniciativa e usando a fotografía como ferramenta, a Área de Igualdade que preside Tania García pretende promover unha reflexión sobre as desigualdades de xénero, facendo que os participantes na proba identifiquen e plasmen en imaxes as situacións deste tipo que se dan na vida cotiá. O obxectivo é chamar a atención sobre elas e tratar de provocar un cambio de actitude na sociedade. Para que este cambio sexa real e efectivo faise precisa a implicación de todas e de todos, por iso dende o CIM, animan a participar a todas as persoas que gocen coa fotografía e que queiran aportar o seu grao de area na loita pola igualdade.


A proba comezará ás 10:30 horas do sábado 7 de marzo no Auditorio e os concursantes deberán tomar imaxes que reflictan as tres temáticas que a organización lles irá desvelando ao inicio da proba e ao pasar polos controis establecidos. O xeito de participar será con cámaras dixitais, as fotos entregaranse en arquivo JPEG e tamaño mínimo de 20x30 cm. Ao remate da xornada, os concursantes deberán presentarse para descargar as fotos realizadas. Os mellores traballos de cada una das tres categorías recibirán un premio en metálico de 200 euros.

O nome dos gañadores e a entrega dos premios terá lugar nun acto público a celebrar o 27 de marzo, coincidindo coa inauguración da exposición coas fotografías gañadoras e as seleccionadas polo xurado entre todos os traballos presentados.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -