_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
XUVENTUDE
Xuventude deseña un Entroido para os máis cativos con obradoiros e baile infantil

Os nenos e nenas de Vilagarcía terán a súa programación específica de Entroido, a maiores dos actos programados para o público en xeral. A Concellería de Xuventude organiza para os cativos unha serie de obradoiros relacionados con esta época do ano e tamén o baile infantil que este ano chega con máis variedade e moitas novidades. Todos os actos son gratuítos.
17.02.2020.- Como xa fixera durante o Nadal, o departamento que dirixe Alba Briones, tamén ofrecerá no Entroido varios obradoiros para que os nenos e nenas de Vilagarcía poidan confeccionar coas súas propias mans algúns elementos cos que disfrazarse ou decorar as súas festas de carnaval. O sábado 22 de febreiro é o día elixido para a celebración dos obradoiros de antefaces, máscaras, adornos e pintacaras, dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos e que celebrará na Praza da Peixería en horario de 17.30 a 20.30 horas. Non é preciso inscribirse previamente para participar. Simplemente haberá que achegarse ata o recinto de divertirse coas manualidades que máis lles gusten. O único requisito é que os nenos teñen que estar acompañados en todo momento por un adulto que se responsabilice deles.

E seguindo a tradición de Vilagarcía, o Luns de Entroido será o día dedicado á infancia, por iso a Praza da Peixería será escenario do Baile infantil de Entroido o día 24 de febreiro entre as 17.30 e as 20.30 horas. Música, animación, xogos, baile e moita diversión daranse a man na celebración que este ano contará con moitas novidades e a participación do grupo Dani&Kids.

De feito, a festa contará con tres tramos diferenciados. Comezará cunha sesión de DJ que pinchará e mesturará música enlatada para dar a benvida ao baile e comezar a quentar o ambiente. O bloque central do evento familiar consta da actuación en directo da banda Dani&Kids, un show interactivo de dúas horas de duración no que se repasarán cancións populares infantís de todos os tempos, así como éxitos do pop rock galego e español dende os anos 60 ata os nosos días. A festa rematará cun último bloque que abrirá ao todo o público asistente unha sesión de karaoke, playbacks e coreografías improvisadas polos participantes e guiadas polo propio Dani Barreiro e so seus animadores.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -