_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
DESENVOLVEMENTO LOCAL
O Concello de Vilagarcía repartirá 16.000 euros entre as tres mellores iniciativas emprendedoras

A Concellería de Promoción Económica e de Emprego do Concello de Vilagarcía ten aberto o prazo de inscrición no Concurso de Iniciativas Emprendedoras convocado coa intención de estimular a innovación e apoiar a posta en marcha de proxectos que contribúan a dinamizar a economía local e a fomentar a creación de emprego. O departamento que dirixe Alba Briones premiará ás tres mellores ideas con dotacións de 8.000, 5.000 e 3.000 euros, a maiores do proceso de mentorización que recibirán as seis propostas finalistas. O prazo de presentación de proxectos remata o 29 de febreiro.
18.02.2020.- A Concellería reorientou este ano a convocatoria dos premios ao emprendemento co obxectivo de optimizar o efecto dos mesmos no tecido económico local e axustándoos aos obxectivos medio ambientais e de sustentabilidade previstos na Axenda 20-30.

As ideas e proxectos que se formulen deberán contribuír ao desenvolvemento socio e económico do Concello de Vilagarcía de Arousa e a súa área de influencia. Ademais disto, valorarase a viabilidade económica, comercial e técnica da iniciativa; o potencial de creación de emprego; a modernización dos sectores tradicionais da zona; o efecto tractor, definido como capacidade de ofertar servizos a outras empresas para que o aumento da súa competitividade; e as actividades que dean resposta a retos medio ambientais e ao cambio climático.

Entre todos os proxectos presentados ao concurso, o xurado seleccionará seis. Estes finalistas recibirán unha formación e mentorización de 14 horas de gran utilidade para a posta en marcha e desenvolvemento das iniciativas. Posteriormente, haberá unha presentación pública dos proxectos, tras a cal daranse a coñecer as tres propostas premiadas.

As bases que rexen o concurso pódense consultar no taboleiro de anuncios da portal municipal http://www.vilagarcia.gal e na sede.vilagarcia.gal
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -