_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
A cuberta do patio de Aralde está pendente unicamente dun trámite contable para saír a licitación

A obra de instalación dunha cuberta no patio da escola unitaria de Aralde está unicamente pendente dun trámiate contable para proceder a súa licitación. O Concello tivo que asumir a realización da obra, despois de que a Consellería de Educación se negase a acometer unha actuación que entra dentro das competencias autonómicas. Como xa se dixo no seu momento, o Concello non está obrigado a investir en actuacións que corresponden a outra administración, pero o executivo socialista decidiu asumir o gasto, en defensa dos cativos que acoden ao centro, como xa fixo noutros casos ante a deixazón de funcións da Consellería de Educación.
21.02.2020.- Como tamén se lles comentara ao pais e nais na reunión celebrada en febreiro do ano pasado, habería que redactar un proxecto e, unha vez que se soubese o importe da actuación, buscar o financiamento para acometela, posto que, ao non tratarse dunha competencia municipal, non se dispoñía de fondos.

Enténdese a impaciencia dos pais e nais, pero os trámites levan o seu tempo e durante este tempo estívose traballando nel. De feito, está moi avanzado. Xa está redactado o proxecto técnico de construción dun soportal crear no patio un espazo cuberto no patio. A actuación está presupostada en 22.000 euros.
Para financiar a obra, o Concello tivo que realizar varios trámites para obter fondos: como solicitar a utilización das baixas das obras do ximnasio do colexio de Rubiáns e do comedor do Piñeiriño, e recorrer a outras partidas municipais.
Xa se dispón dos fondos, quedando unicamente pendente o trámite de xeración do crédito que se realizará proximamente co peche do exercicio económico de 2019, que permitirá aplicar eses ingresos. Realizado este trámite, xa se poderá sacar a licitación.

O alcalde considera moi grave e lesiva para a comunidade escolar a actitude que a Consellería de Educación mantén dende hai anos en Vilagarcía, deixando de investir nos centros da súa competencia. O rexedor denuncia o insistente abandono de responsabilidades da que fai gala a Xunta de Galicia en materia de educación “sen importarlle en absoluto que son os nenos e nenas os que padecen as consecuencias do seu abandono”. Varela lembra que o actual goberno local tivo que asumir en varias ocasións investimentos que lle correspondía realizar á Xunta de Galicia “para evitar situacións de risco e para garantir que alumnos e profesores desempeñen a súa actividade en lugares dignos”. Por exemplo, o Concello aportou fondos municipais para financiar a construción do ximnasio do colexio de Rubiáns, para o cambio da cuberta do Rosalía de Castro e para a obra do comedor do Piñeiriño.

A maiores, lémbrase que o pasado inverno, os operarios de Obras do Concello tamén substituíron as varandas protectoras do terraplén situado nas inmediacións da escola de Aralde, que se atopaban gravemente deterioradas e representaban un risco para os cativos que pasan e xogan a diario nesta zona.


4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -