_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
EDUCACIÓN
O módulo de Turismo do Labora ofrece visitas e actividades abertas ao público relacionadas co Rúa do Padre Sarmiento

O Obradoiro Labora Xoven 2019 entra en marzo de marzo na súa fase final, dedicada á realización de prácticas por parte do alumnado que xa completou a formación teórica impartida nos últimos cinco meses. Para poñer en práctica o aprendido, realizarán unha serie de actividades abertas ao público, nas que exercerán como guías e informadores turísticos. As actividades terán como base a Ruta do Padre sarmiento, aínda que tamén servirán para poñer en valor e dar a coñecer outros recursos naturais e patrimoniais de interese turístico da cidade.
04.03.2020.- As visitas guiadas levan por título “As pegadas de Sarmiento” e realizaranse os días 16 e 23 de marzo. A primeira destinada a alumnos de 3º e 4º de Primaria de centros educativos do municipio, e a segunda aberta a calquera que desexe participar. O roteiro comezará no parque botánico Enrique Valdés Bermejo, remedando o paso do Pai Sarmiento por Vilagarcía na peregrinaxe a Santiago pola costa que fixo en 1745 e que describiu nun diario. Este percorrido permitirá incidiren atractivos naturais, como o propio xardín botánico, históricos e arqueolóxicos, como o Castro de Alobre, monumentais, como o Conxunto do Pazo r Convento de Vista Alegre, e mesmo paisaxísticos no traxecto pola costa cara Carril e a Illa de Cortegada.

A segunda actividade terá como obxectivo que os alumnos practiquen a faceta como informadores turísticos, para o cal se habilitará unha mesa de información nas inmediacións do mercado dos martes 10, 17 e 24 de marzo. Neste punto, informarase á xente sobre as visitas e actividades que van a realizar e tamén se ofrecerá información turística relativa a Vilagarcía.

Por último, e co fin de promover o coñecemento dos recursos turísticos do municipio, especialmente entre o público máis novo, organizarán unha actividade de xeocaching na que, a través do GPS do teléfono móbil poderanse ir atopando caixiñas que conteñen información e curiosidades sobre os recursos turísticos vinculados ao roteiro do Padre Sarmiento.
A participación nas visitas será de balde, previa inscrición a través do teléfono 663213821 ou do mail: obradoiroturismovila19@gmail.com

Como complemento á realización destas actividades prácticas, os alumnos deseñaron un cartel promocional da actividade e realizaron trípticos.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -