_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
ECONOMÍA
Concello e empresas concretan as liñas máis inmediatas de actuación para impulsar o emprego e a economía local

O Concello de Vilagarcía acolleu esta mañá un novo encontro do goberno municipal con empresas da localidade no marco de diálogo aberto polo Concello de Vilagarcía co sector empresarial co obxecto de traballar conxuntamente para impulsar a economía local. Na reunión de hoxe fíxose seguimento dos temas apuntados no encontro de hai uns meses, dándose conta dos avances, e tamén se fixaron as liñas máis inmediatas nas que se actuará de forma conxunta. O almorzo de hoxe estivo presidido polo alcalde, Alberto Varela e a concelleira de Promoción Económica, Alba Briones, e estiveron representadas once empresas da localidade.
06.03.2020.- Un dos temas expostos na primeira reunión foi o da necesidade de adaptar a formación profesional que se imparte en Vilagarcía ás necesidades reais das empresas implantadas no municipio e a súa área de influencia. Neste punto, dende o Concello deuse conta do encontro mantido cos directores dos catro institutos de Vilagarcía para coñecer a oferta actual de ciclos formativos e saber as súas opinións respecto ao planteamento dos empresarios, que foi compartido dende os centros. Coas conclusións extraídas das reunións con ambas partes, o Concello comprometeuse a elaborar unha proposta formativa adaptada ás necesidades de Vilagarcía, tanto de cara á fomentar a creación de emprego, como a garantir ás empresas a captación de profesionais cualificados para as necesidades específicas do sector local. Esta proposta presentarase no seguinte encontro cos empresarios e responsables dos institutos para, posteriormente e de forma conxunta, elevala á Consellería de Educación.

En relación a outros dos temas que tamén son competencia da Xunta de Galicia, como o relativo á demanda de mellora das infraestruturas viarias ou de telecomunicacións, problemáticas comúns en todos os parques e zonas empresariais de Vilagarcía, acordouse iniciar as xestións unha vez pasadas as eleccións de abril, co obxecto de non politizar uns asuntos que son de vital importancia para o desenvolvemento de Vilagarcía e para o das propias empresas.

Maila isto, o fronte común composto por Concello e empresas seguirá traballando para determinar con exactitude a lista de necesidades. De feito, Briones explicou que o goberno local continuará coa rolda de visitas á empresas iniciada en Bamio para coñecer de primeira man, e unha por unha, a situación e necesidades que teñen. Estas visitas estenderanse ao polígono de Trabanca e á zona industrial de Rubiáns.

No que respecta ao ámbito municipal, a concelleira comentou que xa se está traballando para resolver dúas peticións do colectivo: a relativa á mellora da sinalización dos polígonos industriais cunha imaxe homoxénea en todos eles, e a de implementación dos medios de loita contra incendios. Neste último punto xa se pediu informe ao Servizo Municipal de Emerxencias para determinar os medios necesarios e os puntos máis axeitados para a instalación de hidrantes, e tamén se comezaron a pedir presupostos para acometer a actuación o antes posible en todas as zonas industriais.

A concelleira tamén aproveitou para anunciar a feira de emprego e emprendemento que vai a organizar o Concello e para invitar ás empresas a participar activamente na mesma.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -