_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
EMPREGO
A I Feira de Emprego e Emprendemento “Bule Bule” celebrarase en Fexdega do 23 ao 25 de abril

A Concellería de Promoción Económica e Emprego do Concello de Vilagarcía organiza a I Feira de Emprego e Emprendemento que se desenvolverá os días 23, 24 e 25 de abril no pavillón de Fexdega. Baixo a marca de “Bule Bule- lab”, créase un espazo para o encontro entre as persoas que demandan un posto de traballo ou que se atopan en proceso de mellora de emprego e as empresas privadas, entidades u organismos que ofertan ou que desenvolven iniciativas ou programas de emprego. O evento foi anunciado esta mañá no Concello pola concelleira de Promoción Económica, Alba Briones e a tenente de alcalde, Tania García.
97.03.2020.- Briones, presentou o “Bule Bule.-Lab” como una iniciativa innovadora, xa que é a primeira vez que Vilagarcía acolle un evento deste tipo, que se enmarca nas políticas activas de emprego que se desenvolven a través deste departamento municipal. . A idea é habilitar un espazo no que concentrar e poñer en contacto aos distintos actores implicados no mercado laboral, a efectos de que teñan maiores posibilidades de interactuar con éxito e, deste xeito, facilitar a creación de emprego.

Briones destacou que tanto o concepto e filosofía cos que nace esta feira, así como o contido da mesma quedan perfectamente reflectidos na marca “Bule Bule-lab”, “co bule bule que simboliza o constante fluír de ideas, ese ruxe ruxe interior nas nosas cabezas que fomenta a creatividade, e o dinamismo cos que queremos abordar o proceso de creación ou busca de emprego. Ese laboratorio no que poñer en contacto todas esas ideas para atopar fórmulas que contribúan ao obxectivo perseguido”.

A feira contará con apartados de asesoramento, formación, financiamento, emprego e emprendemento cuxos contidos e programas se poderán consultar a través da web que se porá en marcha en vindeiras datas. A través deste medio, os interesados poderán informarse de todo o que sucederá e do que se poden atopar no “Bule Bule-lab” e tamén se poderán inscribir tanto nas actividades para particulares, como para participar como expositores. Maila iso, tamén se poderán dirixir á Concellería de Emprego, ao Servizo Público de Emprego e á Cámara de Comercio.

Ademais de permitir esa interacción entre demandantes e ofertantes de emprego, a feira ofrecerá actividades específicas para cada un deles. Así, a primeira xornada está especialmente dedicada á formación das persoas que buscan traballo, tanto por conta allea, como por conta propia a través do emprendemento. Para eles organizaranse unha serie de obradoiros durante todo o día nos que os asistentes poderán aprender ou perfeccionar técnicas para a elaboración e envío de currículums, para pasar entrevistas persoais, para a busca activa de emprego, para falar en público ou para buscar financiamento e desenvolver proxectos de emprendeduría.

O segundo día estará máis orientado á esa posta en contacto e intercambio de información entre os demandantes e os ofertantes de emprego, e no que as empresas privadas, entidades e organismo públicos poderán dar a coñecer a súa oferta de emprego e os perfís que buscan, así como os programas que desenvolven ou as liñas de financiamento ou servizos de asesoramento dispoñibles.

A concelleira explicou que a Cámara de Comercio de Vilagarcía participará na feira con propostas específicas para demandantes de emprego de menos de 30 anos inscritos no programa de Garantía Xuvenil.

Ademais, esta tarde, terá lugar a presentación dos seis proxectos finalistas no Concurso de Iniciativas Emprendedoras do Concello de Vilagarcía e, así como a entrega de premios aos tres gañadores, dotados con 8.000, 5.000 e 3.000 euros respectivamente, a maiores da formación previa recibida polos seis finalistas.
A terceira xornada da feira dedicarase á realización de procesos selectivos poidan ter en marcha empresas ou organismos, mediante a realización de entrevistas de traballo.

Alba Briones comentou que a Concellería xa se puxo en contacto con entidades, organismos públicos e empresas privadas , tanto locais como internacionais, para invitalos a participar nesta I Feira do Emprego e Emprendemento de Vilagarcía asegurando que “a receptividade é moi boa”.

Por último, a tenente de alcalde felicitou á responsable de Promoción económica e aos técnicos da concellería e do Comunicación do Concello por idear e dar forma a unha iniciativa tan innovadora e positiva como esta. Tania García salientou que esta feira é unha mostra máis do intenso traballo que está a realizar o goberno local en materia de emprego “pese a non tratarse dunha competencia municipal e ao importante esforzo que ten que realizar o Concello para suplir a inacción da administración competente”. García lembrou outras iniciativas promovidas e financiadas polo Conceello para loitar contra o paro mediante a promoción da creación de emprego, como as liñas de axudas ao emprendemento é a contratación, os convenios asinados coa Fundación Inserta e cos de Acción Contra a Fame para o desenvolvemento do programa Vives Emprega, ou os Premios ás Iniciativas Emprendedoras.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -