_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
SERVIZOS SOCIAIS
O Concello habilita un teléfono de atención continua 24h para as persoas dependentes ou inmunodeprimidas que non poden saír de casa

Diante do avance da transmisión do coronavirus e das medidas que acaban de ditar o Goberno central e a Xunta de Galicia, o Concello de Vilagarcía decidiu habilitar un teléfono de atención continua ás persoas maiores dependentes ou inmunodeprimidas do municipio que non poden saír das súas casas. Deste xeito se garantirá a atención básica en canto a medicinas ou alimentos, pero tamén servirá de soporte para calquera outra cuestión que poidan requirir. O número é o 687 073 336. Estará operativo desde mañá, luns, ás 08:00 horas. Ademais, os interesados poderán utilizar tamén o número xeral do Concello, 986 099 200, extensións 102 e 139, de luns a venres e de 08:00 a 15:00 horas.
14.03.2020. Precisamente mañá, a primeira hora, se desenvolverá unha xuntanza de coordinación dos Servizos Sociais -que dirixe Tania García, á súa vez portavoz do goberno- para concretar tanto esta medida como outras que se poidan poñer en marcha nos vindeiros días diante do avance da pandemia e, sobre todo, pensando en aqueles veciños e veciñas e as súas familias máis vulnerables. Despois desta reunión sucederase outra, a do comité de seguimento da crise; un grupo que dirixe o alcalde, Alberto Varela, e do que forman parte varias concellerías e servizos máis directamente implicados no caso.

Con independencia das medidas que poida adoptar o concello a nivel local, o goberno de Alberto Varela quere expresar o seu agradecemento aos cidadáns pola súa demostración de civismo e solidariedade despois do peche de instalacións municipais e as restricións dos servizos públicos. De feito, hoxe xa se notou unha notable diminución da presenza de persoas nas rúas, o que implica que comeza a calar a idea de que o mellor é quedarse na casa e non saír á rúa salvo que sexa estritamente necesario. O Concello insiste, como Goberno central e a Xunta, en que a mellor forma de combater esta pandemia é evitar os contaxios a un nivel que poida derivar no colapso do sistema sanitario.



4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -