_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
POLICÍA LOCAL
A Policía Local rexistra a súa primeira denuncia por incumprimento da orde de confinamento

Vilagarcía, 19 de marzo de 2020.- A cidadanía de Vilagarcía, na súa inmensa maioría, está cumprindo coas normas de confinamento derivadas do estado de alarma. Ata o de agora a Policía Local só tivo que realizar unha denuncia. Trátase dun home que pola mañá de onte foi advertido de que non podía acceder á praia da Concha-Compostela e pola tarde foi localizado de novo facendo o mesmo. Dáse a circunstancia de que estaba baixo os efectos dalgún estupefaciente, polo que foi necesario trasladalo a un centro médico.
19.03.2020. Ao longo dos últimos días, tanto a Policía Local coma o servizo de Emerxencias tiveron que advertir a varias persoas de que debían evitar a rúa, pero sen maiores consecuencias. O mesmo ocorre cos controis de vehículos que se realizan aleatoriamente en distintos puntos da cidade: practicamente todos os condutores puideron demostrar o por que da súa circulación: médico, traballo, farmacia, etcétera, é dicir, todos os supostos que contemplo o decreto de alarma.

A Policía Local tamén recibiu queixas de diversos veciños polo volume excesivo da música en distintos pisos de varios barrios da cidade. Sen embargo, a simple advertencia ou presenza dos axentes fixo que o nivel de decibelios baixara inmediatamente.

Os axentes son plenamente conscientes do estrés que produce a situación actual, polo que tratan de ser didácticos e non tanto coercitivos á hora de aplicar as normas. Dende o Concello se agradece o civismo que, na inmensa maioría dos casos, están amosando os vilagarciáns e por iso volve a reclamar a máxima colaboración. Tanto os axentes da Policía coma os de Emerxencias e os demais servizos (Servizos Sociais, Limpeza, etcétera) están facendo un gran esforzo e, posto que os medios son limitados e a situación excepcional, requírese que todo o mundo poña o seu grao de area para facer máis doado de levar unha situación que aínda non se sabe cando vai a acabar.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -