_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
DESENVOLVEMENTO LOCAL
O Concello regula o acceso á praza de abastos con entrada e saída únicas e un aforo máximo constante de 60 clientes

Para evitar situacións como as vividas en días pasados, con aglomeración de clientes xunto con momentos de apenas visitas por temor aos contaxios, o Concello decidiu poñer en marcha un sistema de control de acceso ás instalacións, con entrada e saída únicas e un aforo constante máximo de 60 persoas. Operarios municipais se encargarán de regular os accesos de xeito que, co límite establecido, non poderá entrar un novo cliente ata que se teña constatado que antes saíu outro.
19.03.2020. A medida entra en vigor mañá, venres, aínda que, como é lóxico, será moito máis visible e efectiva o sábado, día tradicional de maior afluencia xunto cos martes. O Concello quere, con iso, transmitir unha imaxe de tranquilidade e seguridade: comprar na praza non só e posible e recomendable, dentro do estado de alarma sanitaria actual, senón que tamén é unha actividade segura sempre que se todos os implicados, clientes e concesionarios, cumpran cunhas normas mínimas de prevención. Cabe lembrar, ademais, que unha boa parte dos comerciantes puxeron en marcha outra iniciativa para servir a domicilio. Na súa web, http://www.mercadovilagarcia.es figuran as normas e os teléfonos de cada un dos establecementos.

A partir de mañá, pois, a entrada única á praza de abastos será por Arcebispo Lago, xunto á churrería. A saída tamén será única, no outro extremo do edificio, no calello habilitado recentemente fronte á praza da verdura. As entradas Norte (Alejandro Cerecedo) e Sur (García de Caamaño, fronte ao río) quedan, polo tanto, clausuradas. Tanto na entrada coma na saída haber persoal municipal informando das normas e regulando o acceso. Deste xeito, unha vez acadado o número máximo do aforo (60 persoas), só se deixará entrar a un novo cliente cando o operario da outra porta dea aviso de que xa saíu outra persoa.

Ademais, en todas as portas (as abertas e as pechadas) haberá carteis de gran formato informando las condicións de acceso e das normas de conduta básicas. É dicir, manter unha distancia mínima dun metro entre clientes, respectar o espazo de seguridade entre cliente, mostrador e concesionario, e non demorar as compras mais que o tempo necesario, non só por seguridade senón para facilitar que outras persoas poidan acceder ao recinto alimentario con máis axilidade.

O Concello confía en que tanto clientes coma concesionarios cumpran con estas normas mínimas, que favorecerán a todos, xa que contribuirán a manter viva a actividade da praza e favorecer unha compra segura e saudable.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -