SANIDADE
Unha unidade da BRILAT desinfectará hoxe o centro de saúde de San Roque para garantir a seguridade de sanitarios e pacientes Unha unidade da Brigada Galicia VII, máis coñecida como Brilat, se desprazará esta tarde a Vilagarcía para proceder á desinfección do centro de saúde de San Roque. A Brilat recibiu esta mesma semana formación específica para estas labores por parte da Unidade Militar de Emerxencias (UME).
19.03.2020. A decisión de desinfectar o centro de saúde adoptouse pola necesidade de garantir a salubridade dun edificio ao que, loxicamente, acoden persoas enfermas que, nalgún caso, pode ser portadoras do virus. Despois do acordo polo que o Exército tamén colaborará na loita contra a pandemia, o alcalde, Alberto Varela, púxose en contacto tanto coa subdelegación do Goberno coma coa xerencia do Sergas para reclamar esa acción concreta no centro de San Roque. A última hora da mañá de hoxe, a subdelegada do Goberno, Maica Larriba, comunicou ao alcalde que a súa petición xa fóra autorizada polo Ministerio de Defensa, de xeito que esta mesma tarde a Brilat chegará a Vilagarcía.
Con todo, o Concello reitera a súa chamada á tranquilidade: a desinfección dun centro de saúde é absolutamente normal e máis nun caso como o actual. Pero, precisamente por iso, se insiste diante da poboación no cumprimento estrito das normas da alarma sanitaria e no uso racional dos servizos públicos, especialmente dos sanitarios.