_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
MULLER
O Concello mantén os servizos ás mulleres en situación de violencia de xénero por vía telemática e telefónica

Diante da excepcional situación de alerta sanitaria que está a dificultar gravemente a normal prestación do servizo de atención a mulleres en situación de violencias machistas, o Concello decidiu que a Área de Igualdade-CIM seguirá mantendo o servizo de información, tramitación de recursos, asesoramento xurídico e apoio psicolóxico tanto por vía telefónica coma por correo electrónico. O teléfono é o 986 099 200 ext 102 e 136 (de luns a venres, de 9 a 14 horas). O e-mail é: muller@vilagarcia.gal .
Deste xeito, as persoas con citas xa programadas nos servizos de apoio psicolóxico ou asesoramento xurídico recibiran a atención por vía telefónica; as que desexen pedir nova cita, poderán facelo por teléfono ou e-mail. Pola súa banda, as axudas xa solicitadas, derivadas da situación de violencia de xénero, seguen a súa tramitación; quen o precise, pode pedir novas axudas, porque os prazos permanecen abertos. Igualmente, segue funcionando o servizo de teleasistencia móbil (TAM) para vítimas, podendo reportar calquera situación de risco con simplemente pulsar un botón.

Ante calquera situación de violencia de xénero, as afectadas poden recorrer tamén a outras canles, ademais das citadas:

- Servicio de atención telefónica (24 horas)- 900 400273
- Tfno. de información e denuncia de violencia de xénero – 016
- Servizos 24 horas de alerta da Garda civil a través dos tfnos de emerxencias .- 062 e 112
- Servizo online de información e asesoramento en violencia de xénero -
016-online@mscbs.es .
- Servizo de Asesoramiento xurídico online www.igualdade@xunta.gal
- Servizo da Policía Nacional e Garda Civil para reportar calquera delito, incluídas violencia de xénero e sexual: https://alertcops.ses.mir.es/mialertcops /. Trátase dunha aplicación móbil gratuíta que permite xeolocalizar á vítima, sempre que se autorice na configuración, e abre un chat cando a vítima pulsa a alerta permitindo a comunicación con ela. É apto tamén para persoas xordas.

As mulleres con discapacidade auditiva e/ou da fala poden comunicarse co 016 a través dos seguintes medios:
• Teléfono de texto (DTS), no número 900 116 016.
• Servizo Telesor a través da propia páxina web de Telesor: http://www.telesor.es .
• Teléfono móvil o PDA. Nambos casos se necesita instalar unha aplicación gratuíta seguindo os pasos que se indican na página web de Telesor.
• Servicio de videointerpretación SVIsual a través da páxina http://www.svisual.org .
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -