_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O servizo de limpeza baldea con desinfectante as rúas e as contornas dos establecementos e centros abertos ao público

O servizo municipal de limpeza viaria de Vilagarcía comezou hoxe a desinfectar as rúas da cidade mediante labores de baldeo nas que se está a utilizar hipoclorito sódico disolto en auga. Trátase dunha actuación máis para evitar os riscos de propagación do coronavirus e levarase a cabo en rúas e espazos de maior concentración de persoas, como son as contornas aos centros abertos ao público e de subministro de produtos de primeira necesidade como supermercados, farmacias, panaderías, Praza de Abastos, Centro de Saúde, Fexdega, etc...
24.03.2020.- A empresa concesionaria do servizo, Cespa-Ferrovial, comunicou que, ademais de intensificar as labores habituais de baldeo e engadir o produto desinfectante, tamén se reforzan os medios materiais para poder levalas a cabo de xeito eficaz. Así, á maquinaria xa dispoñible nas labores diarias habituais, súmanse dúas cubas máis para realizar os traballos de desinfección de forma mecánica, que se complementará con labores manuais naquelas zonas e beirarrúas onde non sexa posible o acceso das máquinas. Neste caso, o baldeo farase con mangueira ou mediante fumigación con mochila.

A desinfección coas cubas e mangueira comezará esta semana polos barrios de Os Duráns, San Roque, A Lomba, A Xunqueira, Carril e Vilaxoán e irá estendéndose a novas zonas.

Así mesmo, procederase á fumigación con mochila dos accesos á Praza de Abastos, Cáritas, Residencia Divina Pastora,entrada ao recinto de Fexdega, contornas das farmacias, etc...

Dende a concesionaria informan de que si se detecta algunha necesidade prioritaria de baldeo nun punto da vía pública que sexa preciso desinfectar de forma urxente, o comuniquen canto antes para proceder coa maior brevidade, para o cal poderán chamar ao teléfonos 986 501617.

As bolsas de lixo dentro dos contedores

Por outra banda, o servizo de recollida de lixo informou de que dende hai unha semana estanse atopando en moitos puntos da cidade cunha cantidade importante de bolsas fora dos contedores, sen que estes estean cheos. Dende o Concello ínstase aos veciños a que depositen as bolsas do lixo dentro dos depósitos co obxectivo de facilitar e axilizar as labores de recollida por parte do servizo, así como de contribuír a manter a cidade nas mellores condicións estéticas e de salubridade, necesario sempre, pero máis aínda na situación na que nos atopamos.

A maiores de que botar a bolsa dentro do contedor é un requisito establecido na normativa municipal de obrigado cumprimento, o Concello apela á responsabilidade cidadá xa que, con este sinxelo xesto redúcense os posibles riscos de contaxio ao persoal de recollida que se ve na obriga de retirar a man cada unha das bolsas que se deixan fora do contedor.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -