_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Emerxencias colabora co 061 montando no Hospital unha estación descontaminante para o persoal das ambulancias

O Servizo Municipal de Emerxencias do Concello de Vilagarcía de Arousa presta a súa colaboración ao 061 para a montaxe dunha estación de descontaminación do persoal de ambulancias no Hospital do Salnés. O persoal do servizo municipal realizará hoxe os traballos seguindo as indicacións do xefe da Base de Ambulancias Medicalizadas do 061. A infraestrutura facilitará e axilizará que o persoal das ambulancias se desinfecte completamente despois de cada servizo de traslado de enfermos ou supostos casos de coronavirus.
24.03.2020.- A estación de descontaminación segue os protocolos sanitarios previstos polo 061, habilitando unha primeira zona de desinfección á que se dirixirá o persoal ao rematar o traslado. Alí, cos EPS enfundados pasarán a primeira fase de descontaminación mediante o sistema de ducha. A auga recollerase en cubetas que se baleirarán con bombas de recollida. A continuación, o persoal dirixirase o a unha segunda zona, onde se despoxarán dos traxes e material utilizado e desbotarano en contedores de residuos biocontaminantes. Por último pasan xa á zona de lavado e desinfección de mans onde se vestirán con roupas e equipos novos.

Con esta infraestrutura garántese tanto a protección do persoal da ambulancias como do resto dos traballadores do Hospital e mesmo pacientes cos que teñan contacto.

A colaboración do Servizo de Emerxencias co 061 e o Hospital do Salnés é unha mostra máis da unidade de acción e de traballo conxunto que están a realizar as distintas administracións na loita contra o coronavirus.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -