_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Un control de carretera sáldase con 9 denuncias por viaxar máis dunha persoa nun mesmo vehículo sen causa xustificada

Transcorridos dez días dende que o Estado decretase o estado de alarma pola pandemia do COVID 19 e despois dunha primeira fase didáctica e informativa sobre as normas que se deben seguir durante o confinamento para tratar de frear a propagación do coronavirus, a Policía Local intensifica os controis para garantir o cumprimento das mesmas. Tan só onte nun control de carretera, a Policía cursou 9 denuncias por viaxar máis dunha persoa nun mesmo vehículo sen causa xustificada. O endurecemento da vixilancia irá acompañada de información máis concreta a través da nova mensaxe que se difundirá a poboación a través do sistema de megafonía que leva a cabo o servizo Municipal de Emerxencias, así como polas redes sociais do Concello e desta páxina web.
24.03.2020.- Dende o Concello de Vilagarcía lémbrase que é esencial que a cidadanía cumpra coas normas do confinamento. Aínda que a inmensa maioría así o está facendo, a irresponsabilidade duns poucos resta eficacia ás medidas de contención do virus e incrementa os riscos de propagación. Por iso, dende Ravella volve a facerse un chamamento para que, polo ben individual e polo colectivo, todos sexamos máis estritos no cumprimento destas normas, de xeito que a pandemia se poida conter canto antes.

No caso concreto das denuncias cursadas onte, en todos os casos tratábase de dúas persoas que viaxaban no mesmo vehículo para facer a compra, tarefa que perfectamente pode facer unha soa persoa sen necesidade de acompañamento.
As denuncias tramitadas pola Policía trasládanse á Subdelegación do Goberno que é o organismo que ditaminará a sanción que corresponda en cada caso.

Como xa se sabe, só se pode saír da casa para acudir ao lugar de traballo, para a adquisición de produtos básicos (alimentación, farmacia…), acudir ao médico en caso de necesidade ou ir a asistir a persoas dependentes. En todos os casos, deberá saír unha soa persoa. Pódese sacar á mascota, igualmente unha soa persoa, pero so durante un tempo razoable e pola contorna da vivenda. No caso de desprazamentos en vehículos, non poderá viaxar máis dunha persoa nun mesmo vehículo, coas excepcións de acompañar a un dependente, un neno ou trasladar a outra persoa a un centro sanitario, e outros casos convenientemente xustificados.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -