_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
SERVIZOS SOCIAIS
O Concello utilizará a residencia dos Pais Claretianos como aloxamento alternativo para unidades familiares en situación de risco

O Concello de Vilagarcía chegou a un acordo coa Orde dos Misioneros Claretianos para dispoñer da zona residencial do convento de “Los Padres” para dar aloxamento a unidades familiares que poidan atoparse en situacións de risco derivadas da crise sanitaria do coronavirus. O acordo permitirá ao Concello dispoñer de forma gratuíta dos 13 dormitorios do segundo andar do edificio da Praza da Constitución, en desuso dende que a Orde pechou ás instalacións hai uns anos, para aloxar ás persoas que, segundo unha avaliación previa dos Servizos Sociais Municipais, precisen deste servizo.
28.03.2020.- Pese a levar uns anos baleiras, as instalación atópanse en bo estado. As 13 habitacións do segundo andar están totalmente amobladas e contan con baño individual o que, en caso de ser necesario, tamén facilitaría o illamento de persoas en corentena por dar positivo en coronavirus ou por ter estado en contacto con algún enfermo.

Inicialmente habilitarase 8 habitacións, coa posibilidade de ampliar o número en caso de ser necesario, e a zona da sala de estar. As persoas derivadas polos Servizos Sociais poderán pasar o confinamento nelas, respectando as normas do estado de alarma como calquera outro cidadá. Dado que as habitacións non dispoñen de cociña, o Concello garantirá a alimentación dos usuarios a través dun servizo de entrega a domicilio contratado cun establecemento hostaleiro da localidade.

A cesión por parte dos Claretianos é totalmente altruísta, polo que o Concello soamente terá que facerse cargo dos gastos de mantemento das instalacións (auga, luz, limpeza..) durante o tempo que as utilice, así como do seguro de responsabilidade civil, o que quedará recollido nun convenio.
A previsión é que o aloxamento alternativo para unidades familiares en situación de emerxencia derivada da crise sanitaria estea en disposición de ser utilizado a mediados da vindeira semana, e sempre en función das necesidades detectadas polos Servizos Sociais.

Operarios de Obras do Concello revisarán as instalacións para realizar unha posta a punto dos servizos de luz, auga quente, calefacción… e por último farase unha limpeza xeral para que todo estea en perfecto estado no caso de que sexa preciso utilizar os aloxamentos.

O goberno local agradece publicamente á Orde dos Misioneros Claretianos a disposición a colaborar que amosaron dende o primeiro momento no que se lles trasladou a proposta municipal, “un exemplo máis da solidariedade que, agora máis que nunca, é necesaria para afrontar as consecuencias da pandemia do COVID 19 e á que so poderemos vencer loitando xuntos e remando nunha mesma dirección”.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -