_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Labora Xove prorrógase para que o alumnado poida completar a súa formación

O alumnado do Obradoiro de Emprego Labora Xove poderá completar a súa formación unha vez que se levanten as medidas de confinamento impostas como consecuencia da crise sanitaria e a situación volva á normalidade. O Concello de Vilagarcía acordou prorrogar o obradoiro de garantía xuvenil para permitir que os participantes poidan obter os certificados de profesionalidade en condicións óptimas e tras ter realizado o período de prácticas inicialmente previsto, aspectos que inflúen de forma determinante nas condicións futuras de empregabilidade dos asistentes. Alumnos e profesores continuarán percibindo as prestacións económicas que lle correspondían ata o momento no que poida rematarse a actividade.
30.03.2020.- A medida supón un desembolso económico para o Concello, custe que o goberno local entende que é necesario realizar para garantir que o obradoiro cumpra o obxectivo de proporcionar formación teórico e práctica que permita aos xóvenes poder acceder a un contrato laboral en igualdade de condicións cos que obtiveron os certificados de profesionalidade en anteriores obradoiros. Ademais, coa prórroga tamén se lle confire maior protección laboral, tanto ao alumnado como ao profesorado. Por iso, aínda que a Xunta deixou na man dos concellos a decisión de dar os obradoiros por concluídos ou prorrogalos, o de Vilagarcía optou pola opción máis beneficiosa para o alumnado, asumindo que a administración autonómica faise cargo da parte subvencionable.

No Labora Xove participan 16 mozos e mozas que se forman nas especialidades de “Socorrismo en espazos acuáticos” e “Promoción turística local e información ao visitante”, a maiores do equipo docente e directivo. A formación comezou a impartirse en setembro e, dado que a duración do obradoiro era de 6 meses, estaba previsto rematar mañá. As clases tiveron que paralizarse debido ao estado de alarma pola crise do COVID, a falta de dúas semanas para rematar a actividade. Eses 15 días de formación realizaranse cando se recupere a normalidade.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -