_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello activa un servizo para asesorar a Pemes e autónomos en relación á crise do COVID

O Concello de Vilagarcía activa dende mañá, 31 de marzo, un novo servizo dedicado a asesorar e resolver as dúbidas que se lle presenten a autónomos e a pequenos e medianos empresarios en relación ás medidas establecidas como consecuencia da crise sanitaria. O servizo funcionará de forma telemática a través da liña telefónica 663 213 859 e do correo electrónico tle@vilagarcia.gal
30.03.2020.- O goberno local pon en marcha esta iniciativa atendendo ás inquedanzas que están a recibir por parte dos profesionais destes sectores, tanto polas dúbidas que teñen en relación a como deben aplicar as medidas ditadas polo Goberno do Estado, como sobre ás axudas ou prestacións ás que se poderán acoller. Ademais, coa posta en marcha deste servizo, o executivo vilagarciá pretende clarificar coa maior axilidade posible as opcións das que dispoñen autónomos e pequenos empresarios para que inicien canto antes os trámites precisos para contrarrestar os efectos económicos da crise unha vez se retome a actividade produtiva.

A técnico de promoción económica será quen atenda as consultas e quen proporcione o asesoramento legal e xurídico necesario aos interesados, todo isto de forma telemática. Recoméndase que as consultas máis complexas ou extensas se fagan a través do correo electrónico para deixar libre a liña telefónica para as dúbidas máis sinxelas.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -