_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
SERVIZOS SOCIAIS
O servizo de voluntariado xa atende a 31 persoas e incorpora vehículos municipais para as entregas a domicilio

O Concello de Vilagarcía puxo en marcha a semana pasada o servizo de voluntariado para a realización de labores de entrega a domicilio e acompañamento a persoas dependentes, maiores que viven sos ou persoas inmunodeprimidas durante o confinamento pola pandemia do COVID19. Neste primeiros cinco días de funcionamento, os voluntarios coordinados polos Servizos Sociais do Concello xa están atendendo as necesidades de 31 persoas. Os voluntarios teñen a súa disposición varios vehículos do Concello, conducidos por persoal municipal, para realizar as entregas pesadas ou fora do casco urbano.
31.03.2020.- Aínda que o número de persoas atendidas ata o de agora ascende a 31, o número de servizos realizados e maior xa que moitas delas demandan tanto que lles leve a compra como un seguimento ou acompañamento telefónico.

Como xa se comentara, son membros das asociacións Arousa Moza e O Soño de Lilith os que se encargan de recoller nos supermercados os pedidos adquiridos polos usuarios (persoas dependentes ou maiores que non poden saír da casa e que non contan con apoio familiar ou veciñal) e levarllos aso seus domicilios, seguindo as indicacións dos Servizos Sociais. Tamén é este colectivo o que se encarga de recoller as tarxetas sanitarias das persoas que se dirixiron ao servizo de emerxencias 24 horas do Concello (687 073 336) para irlle á farmacia e, posteriormente entregarlles os medicamentos nas súas casas. Furgonetas e persoal dos servizos municipais de Obras, Xardíns ou medio Ambiente prestan apoio loxístico a estes voluntarios.

O servizo de acompañamento telefónico estano a prestar membros de asociacións de Mulleres Rurais e tamén particulares, igualmente coordinados polos Servizos Sociais Municipais. Nestes casos faise seguimento dos usuarios a través de chamadas de teléfono para saber como están e si necesitan algo, e tamén se lles da conversa, especialmente ás persoas que viven soas ou padecen de inmunodepresión, para infundirlles ánimo e axudarlles a aliviar a tensión ou a ansiedade falando e compartindo as súas preocupacións con outra persoa.

No que se refire aos datos totais do servizo de atención 24 horas posto en marcha polo Concello dende que se decretou o estado de alarma pola crise sanitaria, xa son 318 as atencións realizadas polo persoal de Servizos Sociais, cun índice de resolución case inmediato, De feito o 90% dos casos están pechados e o 10% que queda correspóndense a demandas dos últimos dous ou tres días que se irán resolvendo durante a xornada de hoxe ou mañá.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -