_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Emerxencias e Policía utilizan máquinas de ozono para desinfectar os seus vehículos

O Concello de Vilagarcía recibiu esta mañá as dúas máquinas de ozono adquiridas para axilizar e facer máis efectivas as labores de desinfección dos vehículos da Policía Local e do Servizo Municipal de Emerxencias e Protección Civil. A utilización deste sistema permite levar a cabo unha desinfección máis exhaustiva e rápida que a limpeza manual, posto que o gas expándese e chega a todos os recobecos e superficies. Ámbolos dous servizos xa están utilizando a maquinaria para hixienizar todos os vehículos nos cambios de quenda ou despois de servizos por casos sospeitosos de coronavirus.
01.04.2020.- As máquinas, que funcionan con electricidade, xeran ozono mediante un proceso electroquímico. Semellan unhas pequenas caixas metálicas que se introducen dentro do vehículo baleiro e pechado. O gas que emanan debe actuar durante 10 minutos para que o ozono mate todos os virus, bacterias e calquera outro microorganismo existente. Tras a desinfección, airéase o vehículo para volva a estar en perfectas condicións para volver a ser utilizado. O ciclo completo dura uns 20 minutos.

Ademais de usalos nos coches patrulla, nas ambulancias e demais vehículos de emerxencias do Concello, as máquinas tamén servirán para desinfectar os traxes de traballo do persoal do servizo de Emerxencias e Protección Civil, que despois de cada uso se colga nun habitáculo reducido que se inundará con ozono.
Con estas máquinas o Concello continúa implementando os medios para que o persoal municipal que está exposto durante a crise sanitaria poida desempeñar as súas funcións debidamente protexidos e nas mellores condicións de seguridade.

Material distribuído

Xa nas semanas anteriores o Concello distribuíu todo o material que adquiriu directamente ou que lle foi chegando. En total xa se repartiron 1.625 máscaras (cirúrxicas, ffp3 e ffp2), 5.300 pares de luvas, 250 buzos, 80 carapuchas, 20 litros de xel hidroalcólico, e 13 gafas.

O material protector repartiuse tanto entre servizos municipais como entre colectivos e centros que o precisaban debido a súa labor social. Foron para o Servizo Municipal de Emerxencias e Protección Civil, a Policía Local, a Residencia de Anciás Divina Pastora, o Servizo de Axuda no Fogar, o Comedor Social de Cáritas, para persoal municipal, o albergue que xestionan Cruz Vermella e Concello, e os Voluntarios que colaboran cos Servizos Sociais municipais.

A previsión do Concello e continuar co reparto de novo material así como se vaia recibindo.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -