_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
POLICÍA LOCAL
A Policía Local detén de madrugada a dúas persoas por menudeo de droga e saltarse o confinamento

A Policía Local de Vilagarcía practicou esta madrugada a detención de dúas persoas acusadas por tenencia de drogas e dun delito contra a saúde pública. No momento da detención os axentes incautaron 28 bolsiñas termoseladas que contiñan unha substancia en po semellante á heroína. Ademais, os dous detidos foron denunciados por incumprimento das normas do confinamento.
02.04.2020.- As deteccións practicáronse ao redor das dúas da madrugada cando os axentes detectaron a un vehículo circulando polo centro da cidade que, ao decatarse da presenza policial, realizou un xiro brusco nunha intersección para tratar de despistalos. Uns metros máis adiante, a Policía interceptou ao turismo, un Ford Focus vermello, no que viaxaba unha parella xa coñecida nos círculos do menudeo de sustancias estupefacientes. O home, que responde ás iniciais C.J.G.G., naceu no ano 1981 e á muller, P.F.C. no1993. No rexistro do vehículo os axentes atoparon as 28 bolsiñas que supostamente contiñan a droga e algúns cartos.

Os detidos foron postos a disposición xudicial acusados de tenencia de drogas e de un delito contra a saúde pública, ao que suman a correspondente denuncia por incumprimento do confinamento.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -