_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
SANIDADE
Protección Civil colabora co Hospital no traslado das altas para axilizar a incorporación de camas libres á atención sanitaria

O Concello, a través de Protección Civil, colabora co Hospital do Salnés no traslado de aqueles pacientes que xa obtiveron a alta no Covid-19. A petición foi realizada pola propia xerencia do centro, como un xeito de axilizar a incorporación de novas camas libres á atención sanitaria. Nalgúns casos deuse a circunstancia de que as altas tiñan que esperar algunha xornada para o traslado ao seu domicilio, ocupando así unha cama que, en realidade, xa podía ser utilizada para novos ingresos. Coa participación da ambulancia de Protección Civil se axiliza ese proceso.
06.04.2020. Na reunión de hoxe da comisión de seguimento da crise tamén se acordou que o Concello colaborará coa Policía Nacional e coa Garda Civil para desinfectar os seus vehículos, coas máquinas de ozono dos que dispón a administración local tanto na Policía Local coma en Protección Civil. Para facelo máis operativo, decidiuse crear unha zona específica nun solar anexo á base de Protección Civil ao que irán os vehículos dos outros corpos de seguridade.

Tamén se deu conta hoxe da evolución das denuncias por incumprir o confinamento e que, como nos últimos días, teñen moito que ver con desprazamentos en vehículos sen xustificación. Dende que se iniciou o estado de alarma xa son 120 as denuncias, que se tramitan directamente diante da Subdelegación do Goberno. Aínda que se observa unha maior concienciación sobre as normas, aínda hai quen fai caso omiso á orde de confinamento. Así, esta fin de semana foi tramitada denuncia contra una parella de Madrid que chegou ao termo municipal para instalarse na súa segunda residencia. E outra contra varios mozos que, en varios coches, viñan de noite de casa duns amigos.

Por outra banda, os Servizos Sociais continúan traballando a pleno rendemento, tanto polos medios municipais coma polo voluntario que exercen Arousa Moza e O Soño de Lilith. A día de hoxe xa son 433 as atencións realizadas. No albergue se produciu unha nova incorporación, unha persoa de Vigo desprazada a Vilagarcía pola Xunta de Galicia.
A comisión de seguimento tamén aprobou hoxe adquirir novo material de protección (sobre todo, máscaras e batas) para o persoal que está máis directamente implicado na intervención social desta crise. Igualmente, útiles e materiais de limpeza e hixiene que serán enviados aos poboados de etnia xitana instalados no municipio.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -