CONCELLO
Unha unidade da BRILAT realiza unha desinfección preventiva da residencia de anciáns Unha unidade da Brigada Galicia VII, coñecida como Brilat e con sede en Pontevedra, desprazou esta mañá a Vilagarcía para proceder á desinfección preventiva da residencia de anciáns “Divina Pastora”. A acción se inscribe na Operación Balmis.
07.04.2020. A diferenza do ocorrido o pasado 19 de marzo no centro de saúde de San Roque, nesta ocasión tratouse dunha acción de prevención, pois nestes momentos no centro para maiores non hai ningún caso rexistrado de infección tanto en residentes coma nos profesionais que os atenden. Tampouco hai ninguén en cuarentena. En “Divina Pastora” hai 98 residentes, que son atendidos por 56 profesionais.
A atención á residencia de anciáns é unha das prioridades do comisión de seguimento da crise posta en marcha polo Concello dende o inicio do estado de alarma. Ademais do contacto constante coa dirección do centro, o Concello xa lle facilitou dende os primeiros momentos diverso material de prevención. En concreto, 200 máscaras cirúrxicas de protección, outras 50 tipo FFP3, 100 pares de guantes e cinco litros de xel hidroalcohólico.