SERVIZOS SOCIAIS
O Concello achega material escolar a 34 alumnos que non teñen acceso a internet en casa Un total de 34 nenos e nenas que non teñen acceso a internet na casa recibiron estes días diverso material elaborado polos seus centros e distribuídos a domicilio polo voluntariado que colabora co Concello. Na súa intención de tratar de minimizar os efectos da pandemia, o Servizo de Atención Psicosocial de Urxencia creado polo concello púxose en contacto con todos os centros educativos da cidade para coñecer de primeira man a situación dos nenos e nenas que afectados pola fenda dixital.
07.04.2020. Deste xeito, cinco colexios e un instituto participaron nesta acción, preparando diverso material escolar que foi remitido ao Concello. Dende aquí, e a través do voluntariado, cada uno deses nenos e nenas recibiron no seu domicilio a citada documentación didáctica. O Concello segue en contacto cos centros para posibles futuras accións e detectar calquera nova necesidade que afecte ao escolares da cidade. Paralelamente, os rapaces do poboado de etnia xitana de Berdón seguen recibindo a apoio socioeducativo que xa estaba establecido nun programa específico.
Na actualidade, no Servizo de Atención Psicosocial participan máis de 50 persoas entre traballadores municipais e voluntarios. Isto permite que ata hoxe se teñan xestionado 455 demandas de atención. Ademais das habituais, a través de convenios con diversos establecementos, que ou ben envían os lotes de alimentación e hixiene aos domicilios ou ben son os beneficiarios quen os recollen nos comercios mediante vales, destacan as 44 persoas, normalmente de avanzada idade, que agora non poden saír da casa e as que se lles axuda nas súas xestións de proximidade: facer a compra, baixar o lixo, etcétera. A estes veciños se suman outros 22 que reciben un apoio específico en forma de entrega domiciliaria dos medicamentos que precisan.