_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O reforzo do camión de Fomento permitiu desinfectar 20 quilómetros de vías principais do municipio

As labores de desinfección de rúas, beirarrúas prazas e zonas peonís que está levando a cabo a diario o Concello dende os primeiros días da pandemia víronse reforzados onte coa chegada dun camión de gran capacidade cedido polo Ministerio de Fomento. O vehículo, do que se utilizan habitualmente para mantemento de estradas en casos de temporal de neve e xeo, cambiou o antinconxelante por unha solución de lixivia diluída en auga para desinfectar case 20 quilómetros das principais vías e accesos do municipio.
28.04.2020.- O camión, dotado cunha cisterna cunha capacidade de 10.000 litros e cun sistema de nebulizador de líquidos na súa parte traseira, comezou a operar nas estradas municipais a última hora da tarde de onte, traballando durante a noite para interferir o menos posible na circulación. Dado o ritmo lento ao que desenvolve as tarefas e tamén por precaución, o camión do Ministerio contou co acompañamento do Servizo Municipal de Emerxencias e Protección Civil, que cun vehículo se encargou de abrir a pequena caravana e sinalar o roteiro a seguir, mentres que outro a pechaba para garantir a distancia de seguridade entre o camión, que nebuliza o produto desinfectante pola parte traseira, e o resto de vehículos que puideran atoparse polas vías.

As vías que foron desinfectadas repartíronse en catro rotas, sumando en total 19,5 quilómetros de vías. O camión pasou pola avenida de Cornazo (dende o cruce de Santa Mariña), avenida Agustín Romero, Avenida de Matosinhos e avenida Doutor Tourón. O segundo roteiro desinfectado foi o que discorreu pola Rúa O Vento, Daniel Espiño e as vías do polígono industrial de Trabanca Badiña. O camión tamén pasou pola Avenida de Vilanova, Avenida de Cambados, o restante tramo de Doutor Tourón e a avenida de Rodrigo de Mendoza ata a rotonda da Porta da Luz Salgada. O último percorrido desinfectado afectou á Avenida de Pontevedra (dende o cruce do camiño Feiranova cara o centro), Avenida das Carolinas, Juan Carlos I, Avenida Rosalía de Castro, Valentín Viqueira e a Rúa Salgueiral ata o polígono de Bamio.

Pola súa banda, a empresa concesionaria do servizo municipal de limpeza de rúas, Cespa-Ferrovial segue desinfectando a diario todos os espazos públicos da cidade mediante o uso dos equipos habituais de limpeza, máquinas varredoras, cubas de baldeo e camións cisternas, usando en todas elas e mesma solución de auga don lixivia. Estes traballos refórzanse con limpeza manual mediante persoal dotado de mochilas fumigadoras para desinfectar beirarrúas estreitas e outros lugares aos que non poden acceder as máquinas. Os traballos están xeneralizados en todas as rúas e zonas do municipio, con especial atención aos lugares de maior acceso de persoas, como accesos a supermercados, farmacias, centro de saúde...etc, e dende a entrada en vigor das medidas de alivio, tamén nos espazos públicos a onde acoden a camiñar as persoas con nenos.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -