_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O concello pecha ao tráfico as rúas Arcebispo Lago e Conde de Vallellano e o inicio da avenida da Mariña ata o Cavadelo e Doutor Carús

A zona peonil do casco urbano de Vilagarcía verá incrementará notablemente a partir desta fin de semana. Tendo en conta a actual situación de circulación limitada de vehículos e a regulación das saídas a rúa por parte da poboación, con horarios e medidas de distanciamento físico, o goberno local decidiu pechar ao tráfico sine die as rúas de Arcebispo Lago e Conde de Vallellano, e o arranque da avenida da Mariña, é dicir, dende a parte posterior dos xulgados, a praza do doutor Carús e ata a rotonda do Cavadelo.
. Paralelamente, cada fin de semana –en principio, os domingos- pecharanse tamén os accesos ao casco urbano dende doutor Tourón (dende o cruce con Alejandro Cerecedo e Progreso) e pola rúa Cervantes (trala gasolineira de San Roque) e Gumersindo Nartallo (dende a avenida Juan Carlos I). Isto significa que as prazas de España e Independencia e as súas contornas (San Roque, Arapiles, Duque de Rivas, por exemplo) convértense en peonís. Se a isto se suma o peche continuo de Conde de Vallellano e Arcebispo Lago, o resultado é que durante as fins de semana a práctica totalidade do casco urbano será peonil, nunha área que circunda A Mariña, Juan Carlos I, Progreso, Alejandro Cerecedo, Alexandre Bóveda, Cavadelo e de novo A Mariña.

Con ambas medidas, o goberno local quere contribuír a facer máis seguras a saídas a rúa dos distintos colectivos previstas nas diversas fases da “desescalada”. Máis seguras non só porque terase a garantía de que non haberá vehículos polas rúas, senón tamén porque permitirá cumprir coas normas de distancia física para evitar posibles novos contaxios.

Pero, ademais, esas novas áreas pechadas ao tráfico contribuirán seguir a concienciando sobre as bondades de gañar máis espazos peonís. Un quilómetro á redonda –seguindo ás recomendacións dos paseos no estado de alarma- significa que dende o centro da cidade se abarca andando a práctica totalidade do casco urbano. A próxima apertura das terrazas dos bares e cafeterías e dos comercios xustificará aínda máis ese proceso de peonalización, que se vén complementando nos últimos anos coa apertura dunha rede de aparcamentos disuasorios.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -