_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
O O "Curtas" abre unha nova etapa como "Festival do Imaxinario" e anuncia as súas datas, do 23 de outubro ao 1 de novembro

Ao longo da nosa historia, imaxinamos mundos imposibles, historias extraordinarias, tempos pasados e futuros, maquinas marabillosas, e ficcións incribles que o percorrer dos séculos converteu en realidade. Dende a súa reconversión en 2016, Curtas tratou de dar cabida a todo tipo de ficcións e realidades máis aló do cinema, incluíndo outras disciplinas artísticas como a ilustración e a banda deseñada, a literatura ou mesmo a música na súa programación.
02.05.2020. Por iso a organización, de acordo co Concello, decidiu adaptar a súa denominación, dando cabida, deste xeito, a un crisol de actividades culturais baixo o denominador común do fantástico, a CURTAS, FESTIVAL DO IMAXINARIO. Buscando converterse nun motor da imaxinación e nun estímulo para a creatividade, tratando de transformar as ideas e trocar a realidades nunha válvula de escape que sirvan para evadirnos da triste realidade que nos tocou vivir.

Sempre co cinema como bandeira, esta nova etapa de CURTAS, FESTIVAL DO IMAXINARIO, presentará producións fantásticas de todo o mundo, que en moitos casos serán de rigorosa estrea no noso país, sen deixar de lado outros xéneros que se poderán desfrutala na sección do mesmo título. A banda deseñada e a ilustración, a literatura e a música seguirán moi presentes en Curtas, sendo unha parte fundamental da súa programación, incluíndo a edición de libros, exposicións, faladoiros, etc.

Como en anteriores edicións, un artista de prestixio será o deseñador do cartel de Curtas 2020. A través das súas redes sociais e a súa web, o festival informará tanto desta coma doutras novidades, é o caso da apertura da convocatoria das seccións competitivas de curtametraxes e longametraxes, ademais doutras actividades que se levarán a cabo durante o festival.

A 48 edición de CURTAS, FESTIVAL DO IMAXINARIO, terá lugar do 23 de outubro ao 1 de novembro en Vilagarcía de Arousa. Non só respectando todas as condicións e recomendacións de seguridade que as autoridades estimen oportunas, senón desenvolvendo e implementando unha serie de medidas propias que se sumarán ás existentes nese momento. CURTAS, FESTIVAL DO IMAXINARIO, conta co apoio do Concello.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -