_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
AVISOS
A reserva de praza na Escola de Música para o curso 2020/21 deberá facerse de forma telemática ou con cita previa

A Escola de Música Bernardo del Río ven de abrir o prazo de inscrición para aqueles alumnos de nova admisión que desexen cursar estudos musicais no centro municipal o vindeiro curso 2020/21. O prazo de presentación vai do 14 ao 22 de maio e recoméndase que o trámite se faga de forma telemática remitindo o formulario ao enderezo escolamusica@vilagarcia.gal , co obxecto de minimizar os riscos de contaxio do COVID19. No caso de non dispor de medios, deberá solicitarse cita previa chamando ao teléfono 986 510 770 de luns a venres en horario de 10 a 13 horas. O numero de prazas dispoñibles este ano dependerá da ratio de alumno por aula que establezan as autoridades sanitarias como consecuencia da pandemia do coronavirus.
13.05.2020.- Os formularios de solicitude pódense descargar a no taboleiro de anuncios do portal http://www.vilagarcia.gal , da web http://www.emmusicavilagarcia.com e da sede.vilagarcia.gal. A lista de admitidos publicarase o día 8 de xuño.

Poden acceder ao centro de ensino musical os nenos e nenas a partir de 3 anos. Os educandos de entre 3 a 7 anos non precisan sinalar instrumento xa que entrarían nos cursos de Iniciación á Música e os correspondentes á Música e Movemento.

Os interesados a partir de 8 anos de idade teñen opción a matricularse nas especialidades instrumentais corespondentes aos grupos de corda (piano, guitarra clásica, guitarra eléctrica, baixo eléctrico, violín, viola, violoncello e contrabaixo), vento-madeira (saxofón, clarinete e frauta traveseira), vento-metal (trompeta, tromba, trombón, tuba e bombardino) e percusión (batería, timbais, láminas e multipercusión).

O alumnado que xa está cursando estudos no centro actualmente terá un prazo diferente para tramitar a renovación de praza. Será do 1 ao 5 de xuño.
Posteriormente, completados os procesos tanto para os educandos de novo ingreso como para os de renovación, a lista de admitidos publicarase o día 8 de xuño nos medios telemáticos antes indicados.
Finalmente abrirase o prazo de matriculación e presentación de documentación.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -