_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
A concelleira de Cultura e o director do CURTAS abordan con PROXECTA o futuro dos festivais de cine

A concelleira de Cultura Sonia Outón, e o director do CURTAS, Festival do Imaxinario de Vilagarcía, Luis Rosales, participaron este mediodía na reunión convocada pola Coordinadora Galega de Festivais de Cinema, PROXECTA para abordar o futuro inminente e a medio prazo dos festivais audiovisuais que se celebran en Galicia como consecuencia da pandemia do COVID19. O encontro ten moito interese para Vilagarcía, dado que a cidade ten previsto celebrar una nova edición do CURTAS entre do 23 de outubro ao 1 de novembro, polo que resultará moi positivo ir coñecendo as recomendacións e ideas que se plantexan a nivel xeral dende a coordinadora para ir adaptando o festival a unhas novas circunstancias que permitan a súa continuidade pese a situación que estamos a vivir a nivel global.
13.05.2020.- Na reunión abordáronse os distintos escenarios posibles que se poden dar a curto, medio e longo prazo e que, en determinarán os protocolos a seguir en cada momento e tamén os medios ou formas de adaptarse a cada situación, cubrindo o espectro existente entre un escenario de absoluta normalidade, como acontecía previamente á pandemia, ata o máis negativo, que obrigaría á cancelación dos eventos.

Neste marco tamén se falou dos protocolos sanitarios a seguir e das vías de colaboración na aplicación das medidas hixiénico-sanitarias, que está previsto testar nos primeiros festivais que se van a desenvolver en Galicia, a maior parte deles no mes de setembro.

Outro punto que se tratou foi a relación entre os concellos e os festivais, a xestión da colaboración, a flexibilización de procesos, trámites, xustificacións de axudas e subvencións, etc…

Na reunión participaron os responsables políticos dos Concellos galegos que organizan festivais de cinema e tamén os directores e responsables técnicos dos mesmos, así como a dirección da coordinadora PROXECTA. Ademais do CURTAS-Festival do Imaxinario de Vilagarcía, estaban presentes os responsables do Fic Bueu, do Play-Doc Festival de Tuy, Festival de Cans do Porriño, NovosCinemas de Pontevedra e do Fic VIA de Verín,

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -