CONCELLO
O alcalde prega prudencia e que se extremen as precaucións en terrazas e paseos O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, fai un chamamento á responsabilidade individual e colectiva dos vilagarciáns para que extremen as precaucións e cumpran estritamente as normas de seguridade establecidas para conter a propagación do coronavirus. A flexibilización das saídas e a apertura das terrazas hostaleiras está a supoñer un maior volume de xente nas rúas e en lugares públicos polo que, si non gardan as distancias sociais ou se incumpren as recomendacións sanitarias “corremos un serio risco de que se produza un repunte que pode resultar fatal”.
13.05.2020.- Varela insiste en que “non podemos confiarmos e relaxarnos nestas normas, porque o risco sigue aí igual de activo, e non podemos botar por terra todo o sacrificio que levamos feito ata o de agora e que tan bos resultados estás dando co descenso de contaxios e de mortos”.
“Entendemos perfectamente as gañas de saír e de relacionarnos que temos todos, pero é de vital importancia que sexamos conscientes e responsables, que o COVID sigue aí, e que aínda non hai vacina nin tratamento efectivo”.
“Estou seguro que ningún de nós quere que se repitan as imaxes de hospitais desbordados, de xente morrendo a diario e de sanitarios saturados traballando a destaxo e expoñéndose ao virus. Seguimos en estado de alarma sanitaria, a pandemia segue activa e se non actuamos de forma responsable as consecuencias poderían ser terribles e poderíamos vernos obrigados á volver ao confinamento total”.
Feita esta advertencia, o rexedor vilagarciá apuntou que a Policía Local recibiu instrucións da Delegación do Goberno de extremar a vixilancia nas terrazas hostaleiras para garantir que se fai uso desta medida de flexibilización de forma correcta e segura e de que non se producen excesos ou incumprimentos das distancias, tanto por parte dos hostaleiros coma dos clientes.
Durante os as dúas primeiras xornadas da apertura das terrazas ao aire libre, a Policía Local estivo realizando inspeccións e labores informativas, chamando a atención en situacións nas que se detectaba algunha posible irregularidade, explicando as normas e, en casos extremos de incumprimento, como o rexistrado nun local que funcionaba con clientela no seu interior (algo que aínda está prohibido) cursando a pertinente denuncia tanto contra o titular do local como contra os 6 clientes que se atopaban dentro.
O Concello aprobou unha modificación da ordenanza de terrazas para que os hostaleiros poidan dispor de máis superficie de vía pública e gardar as distancias de seguridade. O Concello pretende colaborar ao máximo co sector para que poidan recuperarse tras o peche obrigado para conter a pandemia. En contra partida,”polo ben de todos e para que non teñamos que ver máis peches e encerros”, demanda aos hostaleiros que cumpran as normas de seguridade e que velen porque tamén o fagan os seus clientes.