_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
DEPORTE
O complexo de Fontecarmoa reabre as instalacións deportivas ao aire libre para a práctica individual

A Fundación Municipal de Deportes de Vilagarcía reabre o mércores, 13 de maio, parte das instalacións do complexo de Fontecarmoa. Seguindo as normas fixadas na fase 1 da desescalada, poderanse utilizar as instalacións ao aire libre, é dicir as pistas de tenis e as de atletismo, e exclusivamente para a práctica individual. A Fundación aprobou un protocolo de actuación que deberán seguir todos os usuarios para garantir as normas de seguridade contra a propagación do COVID19. Para usar as instalacións será preciso facer previamente as reserva vía telefónica, chamando ao número 661 545 031. Non se collen reservas nas propias instalacións. O tempo máximo de uso é de 1 hora.
12.05.2020.- Horarios

As canchas de tenis e das pistas de atletismo abrirán polas mañás de luns a domingo (de 9 a 10 horas) e polas tardes de luns a sábado (de 20 a 23 horas). As reservas poden tramitarse a través do teléfono mencionada nos seguintes horarios: de luns a venres de 9 a 14 horas e de 19 a 23 horas, e as fins de semana, co mesmo horario de apertura das instalacións.


Normas hixiénico sanitarias

Dada a complicada situación na que nos atopamos a nivel xeral, a Fundación, seguindo as normas decretadas polo Estado e incluso consultando coas federacións deportivas, elaborou un completo protocolo coas normas de seguridade hixiénico sanitarias que se deben cumprir no uso destas instalacións deportivas para evitar posibles contaxios e a propagación do coronavirus. O protocolo trata de evitar aglomeracións tanto no acceso ás instalacións como no uso das mesmas.

Nas canchas de tenis establécese unha capacidade máxima de 2 persoas por pista e por hora, mantendo unha distancia mínima interpersoal de 2 metros. Polo tanto, non se permiten os partidos de dobres.

Nas pistas de atletismo establécese unha capacidade máxima de 10 persoas por hora, utilizándose ás rúas 3 e 6 para a carreira, cun máximo de 5 persoas por rúa e cunha separación entre elas de 10 metros como mínimo. Os usuarios so poderán practicar deporte nas zonas do tartán, a de saltos e a de lanzamentos.

O almacén de material manterase pechado, polo que os deportistas deberán levar o seu propio material e non poderán compartilo con outros usuarios. Dado que as fontes do complexo pecháronse para evitar posibles contaxios por contacto, tamén deberán levar as súas propias botellas de auga.

Tamén estarán pechados os vestiarios, polo que os deportistas deberán acudir xa coa roupa de deporte posta. A entrada e saída ás instalacións farase unicamente pola porta situada entre o pavillón número 1 e a piscina municipal.

Recomendacións da federación

Seguindo as recomendacións da federación de atletismo, tamén se estableceu que todos os usuarios deberán desinfectar o seu calzado antes de entrar nas instalacións, para o cal se habilitarán unhas bandexas de desinfección polas que deberán pasar, ao igual que se recomenda o uso de máscara e de luvas no interior das instalacións deportivas, agás cando se estea realizando a actividade deportiva, así como o lavado de mans antes e despois da práctica.

O uso das instalacións queda restrinxido a maiores de 14 anos, para cuxa acreditación se esixirá a presentación do DNI.

Non se permitirá o acceso de público e tampouco o contacto físico entre os usuarios, que non poderán permanecer nas instalacións unha vez rematada a hora concretada na súa cita previa. Deste xeito preténdese evitar a acumulación de persoas nos accesos, tanto ao inicio como ao remate da actividade deportiva, garantindo as correspondentes distancias de seguridade.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -