_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
O Concello celebra o Día das Letras Galegas en streaming con música e charlas sobre Carvalho Calero

As limitacións impostas polo estado de alarma e a crise sanitaria do COVID19 non impedirán que o Concello de Vilagarcía de Arousa conmemore tamén este ano o Día das Letras Galegas o vindeiro domingo, 17 de maio. A programación prevista para esta celebración adáptase ás novas circunstancias e todos os actos previstos emitiranse en streaming a través do facebook oficial do Concello. Unha sesión da “Noite das Músicas Galegas” abre o programa na noite do sábado 16, para continuar o mediodía do 17 coa interpretación do himno galego a cargo da Banda de Música de Vilagarcía e, xa pola tarde-noite, cun evento músico-cultural que inclúe intervencións sobre a figura de Ricardo Carvalho Calero, o autor homenaxeado este ano, un recital poético e co concerto do grupo “Onte e Hoxe”.
14.05.2020.- O Concello de Vilagarcía non quere perde a oportunidade de conmemorar o Día das Letras e de chamar a atención sobre a importancia da nosa lingua e dos nosos autores. Por iso, as concellerías de Cultura -a través da Área de Normalización Lingüística- e de Turismo poñen en marcha esta iniciativa.

O programa das Letras Galegas abrirase co sábado ás 22 horas coa emisión dun streaming en directo de“A Noite das Múiscas Galegas”, a cargo de Carlos Crespo e KDJ. O Concello patrocina o evento que xa se viña facendo en anos anteriores coa colaboración da Duendeneta e o Pub La Bolsa. A partir das dez da noite, e a través dos facebooks do Concello e da Duendeneta, poderase seguir a sesión na que se pincharán todo tipo estilos musicais de numerosos grupos e intérpretes da terra. Unha longa lista de nomes que animará e porá o acento galaico máis actual á celebración das Letras Galegas.

Os actos continúan o propio 17 de maio, día no que en Vilagarcía é costume celebrar un acto a mediodía a carón do busto de Rosalía de Castro en Carril. Dadas as circunstancias que estamos a padecer como consecuencia da pandemia, a celebración de este acto presencial substitúese pola emisión ás 12 do mediodía e a través do facebook municipal da interpretación do Himno Galego por parte da Banda de Música de Vilagarcía.

E á tardiña terá lugar un completo evento músico-cultural dirixido pola presentadora da TVG, Lucía Rodríguez. A partir das 19.00 horas, e tamén a través do facebook do Concello, renderase homenaxe ao autor Ricardo Carbalho Calero coas intervencións que sobre a súa vida e obra realizarán Franscisco Fernández Rey, membro da Real Academia Galega; e Carlos Yus, profesor de galego na Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra e membro de Migallas Teatro. Tamén intervirá Mariña Area, estudante de Filoloxía Galega na USC, que recitará varios poemas de Carvalho Calero. A parte musical correrá a cargo do grupo “Onte e Hoxe”, que interpretará un repertorio a base de cancións galegas a partir das décadas dos 60 e 70 do pasado século e ata a actualidade. Nado no ano 2015, este grupo fórmano Anxo Xesteira, Itziar Solla, Roberto F. Lores e Víctor Bóveda.

Con esta programación, ademais de manter a oferta lúdico cultural para os veciños de Vilagarcía e, quen desexe seguilos a través das redes sociais do Concello dende calquera parte do mundo, o Concello trata de adaptar o calendario de eventos e celebracións ás novas circunstancias á vez que apoiar ao sector cultural local e tamén galego, un dos máis afectados polas necesarias restricións para frear a propagación da pandemia do coronavirus.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -