AVISOS
A Zona Azul volve a estar operativa O Concello de Vilagarcía volverá a poñer en marcha o martes, 26 de maio, o control horario dos estacionamentos nas rúas habilitadas como Zona Azul. O sistema deixouse de aplicar co inicio do Estado de Alarma, ao estar practicamente restrinxida a mobilidade e para facilitar o aparcamento de longa duración dos vehículos dos veciños que estaban confinados nas súas casas. Agora, coa entrada na segunda fase da desescalada, prevese o incremento dos desprazamentos en vehículos como consecuencia do restablecemento da mobilidade interprovincial e a reactivación da actividade comercial, de aí que sexa necesario volver a poñer en marcha a Zona Azul para garantir a fluidez e rotación dos aparcamentos das persoas que acoden á cidade nos seus coches a realizar xestións, compras ou calquera outra das actividades permitidas neste período e que conlevan un curto espazo de tempo.
25.05.2020.- Como se sabe, os usuarios da Zona Azul deben colocar no se coche o disco horario para sinalar a hora de chegada ao estacionamento e cumprir a franxa horaria permitida para utilizado.Lémbrase aos condutores que tamén poden utilizar as bolsas de aparcamento disuasorio e gratuíto habilitadas polo Concello nas inmediacións do centro urbano (A Escardia, Os Duráns, Marxión, As Pistas, A Maroma e Fexdega…).