_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
CULTURA
O teatro tamén se pasa ao streaming con Luis Iglesia e Marcos Orsi actuando en directo dende o Auditorio

A programación cultural do Concello de Vilagarcía continúa adaptándose as circunstancias impostas pola crise sanitaria para poder seguir chegando ao público. O teatro regresa esta fin de semana ao Auditorio de Vilagarcía, polo momento a porta pechada, pero accesible a toda a cidadanía a través das redes sociais. Os actores Luis Iglesia e Marcos Orsi serán os encargados de estrear a retransmisión en streamign dunha obra de teatro en Vilagarcía e será co espectáculo de CulturActiva “Sénior”. A representación poderase seguir o sábado, 30 de maio, a partir das 21:00 horas a través do facebook do Concello de Vilagarcía de Arousa.
26.05.2020.- A iniciativa é tamén unha novidade para os propios actores xa que é a primeira vez que “Sénior” se representa en streaming e sen público en directo. Non así para CulturActiva, que nos últimos meses xa ten utilizado as redes sociais para facer chegar outros espectáculos ao público e con moi bos resultados de audiencia.

A comedia reúne a dous grandes actores da escena galega que afronta con humor a crise dos 50. Dirixida por Avelino González, a obra é unha reflexión en clave de humor sobre á chegada ás portas da terceira idade. Cando se abandona a madurez e se empeza a ser sénior? Iglesia e Orsi rin de si mesmos cun texto enxeñoso de creación propia co que a audiencia se verá identificada. Sénior permite ao público rir das situacións máis cotiás, de divertidas anécdotas que seguramente lles pasaron a moitos deles, e de escenas que só se poden vivir, gozar e padecer a partir dos 50 anos. Dilemas tan comúns como “Visto coma o meu fillo ou coma meu pai?” ou “Haberá cadeiras nese concerto?”, serán abordados con humor por estes dous grandes actores galegos. Dúbidas que non se resolverán, pero que sion a escusa perfecta ta para pasar un momento entretido en compaña de Luis Iglesia e Marcos Orsi.

“Sénior” é unha das obras incluídas no ciclo de teatro galego do convenio subscrito entre o Concello de Vilagarcía e a Agadic. Dado que a venta de entradas ábrese a principio de ano para todo o ciclo, o importe dos billetes que xa foran vendidos para asistir á esta representación xa se devolveu hai días aos seus compradores polos mesmos medios polos que foran adquiridos. Agora, todo o mundo poderá gozar de “Sénior” de forma gratuíta e nas súas casas a través do facebook do Concello de Vilagarcía.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Jul 2020  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2020. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -