_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello recibe 309 solicitudes de axudas á reactivación económica nos cinco primeiros días da convocatoria

As axudas Municipais de apoio á reactivación da actividade económica postas en marcha polo Concello de Vilagarcía para tratar de paliar os efectos colaterais que a crise sanitaria tivo na economía local foron recibidas con grande intereses dende o mesmo día no que se abriu o prazo de presentación de solicitudes, o luns, 25 de maio. Dende entón e en menos de cinco días (ata o venres ás 14:00 horas) xa foran cursadas 309 peticións deste tipo de axudas directas ás que se poden acoller PEMES, autónomos, comercio, hostalería e todo tipo de pequenos negocios do sector servizos emprazados no territorio municipal. O Concello dispón dunha partida de 400.000 euros para facer fronte a estas axudas coas que se trata de impulsar o tecido económico e produtivo local tras a crise do COVID 19.
30.05.2020. Ademais de pertencer aos grupos sinalados (e que se poden consultar no anexo das bases dispoñibles no taboleiro de anuncios do portal do Concello http://www.vilagarcia.gal ), os requisitos primeiros para poder acceder a estas axudas municipais á reactivación son ter parado por completo a actividade como consecuencia das normas impostas polo Estado de Alarma ou, aínda mantendo a actividade total ou parcialmente, ter sufrido perda de ingresos.

As axudas serán de dous tipos. Unhas para os que tiveron que pechar forzosamente, para os que as contías estarán entre os 500 e os 800 euros en función de se trata dun establecemento ou se o mesmo titular ten máis de un. As outras son para os que puideron continuar coa súa actividade pero os seus ingresos se viron sensiblemente reducidos. Neste caso, as axudas van dos 300 aos 500 euros, segundo se trate, novamente, de un ou máis establecementos do mesmo titular.

O prazo para a presentación das solicitudes para acceder a estas axudas que ofrece o Concello de Vilagarcía manterase aberto ata o décimo día hábil posterior á finalización do Estado de Alarma.


Outras medidas SON DA CASA

A convocatoria das Axudas Municipais á Reactivación intégrase na campaña SON DA CASA, creada para recuperar o pulso da cidade de Vilagarcía de Arousa ante a incerteza xerada pola pandemia do Covid-19. Baixo esta marca paraugas enmarcaranse outras iniciativas como as Campaña de Dinamización do Comercio Local que se porá en marcha a continuación mediante a emisión de bonos compra subvencionados polo Concello e que se poderán gastar en establecementos de municipio, tanto comerciais, como hostaleiros ou de servizos. O cidadán poderá adquirir un bono por 20 euros, que en realidade terá un valor de mercado de 30 euros, xa que os 10 euros restantes ponos o Concello.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -