MEDIO AMBIENTE
O Concello conmemora o Día Mundial do Medio Ambiente iluminado de verde as fontes do centro e o obelisco O 5 de xuño é o Día Mundial do Medio Ambiente e o Concello de Vilagarcía súmase a esta conmemoración iluminando de verde o Obelisco do Cavadelo e as fontes da Praza de Galicia e da Independencia. As restricións sanitarias pola pandemia impiden este ano celebrar actos con público ou concentracións sensibilizar á poboación dobre o coidado do medio ambiente, pero non impiden chamar a atención sobre esta importante data a través de xestos simbólicos como este. O color verde tinguirá xa os espazos mencionados a partir de esta noite e durante a xornada de mañá.
04.06.2020.- Dende o Concello pretende dar a maior visibilidade posible ao Día do Medio Ambiente para concienciar á poboación e para promover comportamentos respectuosos co medio e a contorna que nos rodea a efectos de garantir a súa correcta conservación e, con elo, incidir na mellora da calidade de vida das persoas.
O Concello ten un firme compromiso co Medio Ambiente o cal se materializa a través de diferentes accións de carácter transversal que afectan ao todos os seus departamentos. Dende a mellora da xestión dos residuos urbanos a través da reciclaxe e o fomento da compostaxe, ata a medidas de aforro e eficiencia enerxética a través da renovación paulatina do alumeado público coa aplicación de tecnoloxía led. Tamén mediante a redución do uso do papel na xestión municipal, na eliminación de plásticos con medidas como as dos vasos reutilizables para as festas de San Roque ou bolsas de tea nas campañas contra a Violencia de Xénero. A nivel xeral, o Concello traballa co obxectivo de dar cumprimento aos obxectivos da Axenda 20/30.