_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Cinco entidades bancarias presentan ofertas ao Concello para a subscrición dunha póliza de crédito

Cinco entidades bancarias presentaron propostas para contratar co Concello a firma da póliza de crédito coa que a administración municipal pretende gañar a liquidez perdida de forma temporal como consecuencia da suspensión xeneralizada do cobro de taxas e impostos municipais dende a declaración do Estado de Alarma o pasado 14 de marzo. A operación, aprobada polo Pleno da Corporación Municipal a semana pasada, ten un importe de 8 millóns de euros. As ofertas están sendo avaliadas pola Tesourería Municipal e o contrato adxudicarase á proposta que oferte as condicións máis favorables para a administración local.
05.06.2020.- As entidades que concorren ao concurso publico son ABanca, Banco Santander, Sabadell, Caixabank e Liberbank.

Ao tratarse dunha póliza de crédito, aínda que o Concello disporá en todo momento deses 8 millóns de euros, só terá que devolver e facer fronte aos intereses da cantidade que realmente chegue a utilizar.

A perda de liquidez que sofre o Concello é unha situación transitoria provocada pola paralización da faceta recadatoria dende hai máis de dous meses e medio ao deixar de ingresar todas as taxas e impostos municipais, e ao axilizar o pago a provedores. O Concello suspendeu temporalmente o cobro das taxas e impostos locais para restar á poboación a preocupación de ter que afrontar eses pagos, tendo en conta que gran parte da cidadanía podería atoparse nunha situación de precariedade económica debido ao paro da actividade produtiva ou a atoparse en situación de ERTE como consecuencia da crise sanitaria e as medidas do Estado de Alarma. Ademais, optouse por continuar pagando aos provedores coa maior rapidez posible para contribuír ao mantemento das empresas e do emprego das mesmas. A redución de ingresos por un lado o aumento dos pagos polo outro, é a razón desta falta de liquidez.

De todos modos, esta circunstancia en nada inflúe na boa saúde da que goza a economía local, coas contas perfectamente saneadas como o demostra que nos últimos catro anos se lograse reducir a débeda municipal de 12,5 millóns de euros ata os 4 millóns.

Situación coxuntural

Ademais, a falta de liquidez é unha cuestión coxuntural, posto que se irá recuperando de forma progresiva unha vez que se retome a actividade recadatoria, algo que se fará de forma gradual para ter o menor impacto posible nas economías dos vilagarciáns. Ademais, proporcionarase aos contribuíntes a posibilidade de fraccionar os pagos segundo mellor conveña en cada caso. Grazas a aplicación informática adquirida recentemente, e tamén se están a estudar posibles bonificacións para axudar aos colectivos máis vulnerables.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -